VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, aclararon hoxe a postura da Deputación sobre a conexión do polígono industrial de Barro-Meis coa carretera PO-531, para o que contaron coa explicación técnica do xefe do servizo de Vías e Obras, Agustín Hernández.
Louzán recordou que a Deputación defende unha conexión directa do polígono industrial que permita desviar o tráfico pesado á autovía A-9 sen meterse en núcleos de poboación. Sen embargo, a solución plantexada neste momento “é competencia da Xunta de Galicia” motivo polo cal entende que a protesta convocada pola plataforma de afectados diante da Deputación é un contrasentido “paréceme moi sospeitoso que a un mes e medio das eleccións intenten involucrar á Deputación neste asunto” aseverou Louzán quen, ademais considerou que “detrás das protestas existe unha clara manipulación política intencionada”.
Agustín Hernández, responsable de Vías e Obras da Deputación, explicou que dentro do proxecto construtivo do polígono incluíuse planificouse un acceso coa antiga PO-531 na zona de curro, “este acceso non tivo ningún atranco na súa tramitación e a Xunta de Galicia autorizou o 17 de abril de 2008 a construción dunha rotonda neste punto que entraría en servizo no momento que a propia consellería rematara a mellora mellora da intersección da PO-531 situada nas inmediacións da igrexa de Curro.
Aínda que a Deputación contaba coa devandita autorización e co obxecto de mellorar a accesibilidade do parque, facilitar os movementos de terra e entrar ó parque por zonas urbanas, a Deputación plantexoulle á Xunta de Galicia de xeito formal unha alternativa para conectar directamente coa AP-9 os tráficos de saída do polígono.
Segundo explicou Hernández “esta actuación aproveita o actual acceso dende a PO-531 coa AP-9 porque este treito vai a quedar abandonado coa construción do gran nó de Curro”. Así mesmo, aclarou que “no referente ós tráficos de entrada ó polígono (tanto os procedentes da AP-9 como os de Pontevedra) a través da Po-531, a Deputación ten encaixado un ramal directo que dende a actual PO-531conectará co parque empresarial sen pasar pola zona de Curro”.
Non obstabte, e con independencia das xuntanzas e conversas mantidas coa Xunta de Galicia, o pasado 18 de novembro, o IPESPO dirixiu a devandita comunicación ó Goberno Autonómico co obxecto de consensuar o mellor trazado posible para as conexións sen obter resposta ata a data de hoxe.
Pola súa banda, o alcalde de Barro entende que “a solución ó tráfico que presenta a Xunta é tirar os cartos” ademais afirmou que “ creará unha barreira física entre a zona norte e a zona sur”. Así mesmo prevé que con esta solución “saturarase o tráfico que desemboca no nó da igrexa de Curro”. Por este motivo non entende “a cerrazón” que manifesta o ente autonómico.
Finalmente, tanto o presidente da Deputación, coma o alcalde de Barro consideraron que “o Concello e a Deputación traballan na defensa dos intereses dos veciños” e, en todo caso “ a Deputación está aberta ó diálogo para chegar ó mellor entendemento para acadar unha solución práctica”.