28 mayo 2009

Impulso definitivo de Deputación al puente que acercará Monteporreiro

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente remiteu hoxe á Deputación de Pontevedra a declaración ambiental favorable do que promove a institución provincial.

O informe de Medio Ambiente considera a actuación proxectada nun dos dous treitos nos que se divide o acceso oeste a Montecelo .

A actuación prevista é sobre un treito dunha lonxitude de 670,53 metros cun carril por sentido máis un carril-bici pola marxe dereita do trazado, xa que se prevé un uso lúdico-social do espazo. E prevé o cruzamento do río Lérez mediante unha ponte de 175 metros de lonxitude formado por unha viga artesa sustentada por dous conxuntos de piares en forma de V de xeito que non se afecta ó leito do río.

Medio Ambiente dí que o trazado proposto localízase íntegramente no Concello de Pontevedra no que está contemplado dentro do sistema xeral viario proposto no avance do PXOM que, na actualidade, está en fase de tramitación.

A actuación que Medio Ambiente informou favorablemente conta cos informes, tamén favorables, de Costas, a dirección xeral de Patrimonio, Augas de Galicia, a dirección xeral de Saúde Pública e a de Conservación da Naturaleza, a Demarcación de Carreteras o Estado e do Concello de Pontevedra.

Esta declaración favorable de Medio Ambiente ven a desbloquear o proxecto de construcción da nova ponte de Monteporreiro sobre o Lérez pois resolve tamén as tres alegacións presentadas polo seu impacto ambiental. Agora só queda a aprobación definitiva do proxecto de trazado (que conta con dúas alegacións), feito que terá lugar no vindeiro Pleno.

Trazado

O novo acceso oeste a Montecelo consiste nun conxunto formado por dúas glorietas, xunto coa ponte sobre o Lérez. A ponte proxéctase cunha lonxitude de 175 metros dividida en tres váns. As glorietas están conectadas pola estrada proxectada _que pasará a denominarse EP-0020_ que será un viario cun carril por sentido. A vía contará cun carril bici pola marxe dereita do trazado, de 2,5 metros de ancho. Na primeira fase, o proxecto conta cunha lonxitude de 670,53 metros. Parte da estrada PO-223 á altura do Centro de Saúde Porta do Sol e remata na glorieta esistente na avenida de Buenos Aires, á altura de Monteporreiro, logo de salvar o Lérez cunha ponte.

Este proxecto de trazado prevé accesos peonís formados por beirarrúas peonís de 2 metros de ancho a ambos lados da calzada, salvo nun tramo duns 200 metros na marxe dereita onde se interrumpe a beirarrúa peonil, entre o punto kilométrico 0,235 e 0,435.

Antecedentes

Os antecedentes do informe favorable da Xunta, recibido hoxe na Deputación, son os seguintes: o 23 de setembro de 2008 a Deputación someteu á información pública o estudio de impacto ambiental; nese periodo recibironse tres alegacións (unha da Asociación pola Defensa da Ría e dúas de particulares); a dirección xeral de Patrimonio da Xunta bipartita emiteu un informe desfavorable; por ese motivo, para xustificar a non afección do proxecto sobre o Mosteiro de San Salvador de Lérez e os seus contornos, a Deputación redactou unha documentación complementaria; e, finalmente, o pasado 26 de maio Medio Ambiente emiteu o informe favorable de Declaración de Impacto Ambiental.

Nela, establece que .