30 mayo 2009
Dos barcos de la Xunta apoyarán la costera del bonito 2009
Publicado por C&CdeGaliza en 30.5.09 Etiquetas: MAR, PESCAVIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Os buques “Irmáns García Nodal” e “Sebastián de Ocampo” acompañarán os mariñeiros na costeira do bonito que comezará o próximo 11 de xuño. A Consellería do Mar fretará un ano máis estes dous buques para tarefas de apoio e asistencia.
As tripulacións destes buques estarán reforzadas con buzos, mecánicos e técnicos que se encargarán de resolver calquera incidencia que poida producirse. As naves contarán ademais con diplomados universitarios de enfermería, que estarán preparados para prestar asistencia médica no mar. Os patrulleiros están dotado dun moderno sistema de telemedicina que traballará directamente co Centro hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).
A tripulación está preparada para actuar en casos de perigo para os mariñeiros , así remolcarán ás embarcacións se sufrisen vías de auga, arranxarán calquera avaría mecánica, reporán as pezas que fagan falta na maquinaria do barco... Os buzos actuarán no caso de enganche das hélices ou por exemplo se houbese que cortar o áncora do barco para entrar nalgún lugar de difícil acceso. Entre todos conseguirán diminuír os resgos marítimos.
O Director Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, participou na reunión para a Coordinación de buques de apoio nesta campaña que convocou a Subdirección de Inspección Pesqueira da Secretaría General del Mar. Ó encontro, que se celebrou en Madrid, acudiron representantes da Armada e do Instituto Social de la Marina (ISM).
A campaña do bonito arrancará o próximo 11 de xuño e finalizará o 30 de agosto. 500 barcos, dos que 150 teñen o seu porto base en Galicia, porán rumbo a augas atlánticas para a captura desta especie migratoria a 150 millas das illas Azores.
As dúas naves relevaranse mutuamente no período que dure a campaña. Así o primeiro en zarpar será o “Irmáns García Nodal” que sairá dende A Coruña o 11 de xuño e regresará ó porto de Marín o 27 de xuño. O 3 de xullo sairá do porto de Vigo o “Sebastián De Ocampo” que regresará de novo ó porto vigués o 20 de xullo. O 25 de xullo, partirá de novo o “Irmáns García Nodal”, esta vez dende A Coruña. Volverá a Vigo o 11 de agosto. Por ultimo o 14 de agosto, dende Vigo, sairá o “Sebastián de Ocampo” e permanecerá no caladoiro ata a fin da campaña, o día 30 de agosto.
Ademais os helicópteros Pesca I e Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia, participarán en todas as actuacións nas que se lles requira dentro do seu radio de acción. Tamén estarán operativos o “Juan de la Cosa”, do Instituto Social de la Marina e tres buques da Armada, o “Alborán” o “Amomendi” e “Chilreu”. En total, cos dous buques galegos, viaxarán cos barcos boniteiros 6 buques de apoio.