PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dependente da Consellería de Educación, abre as súas portas a mostra ENKAUSTIKOS, Pintura de lume, Revisando a mirada de Al Fayun. Trátase de retratos feitos por alumnos de primeiro con técnicas tradicionais de encáustica (pintura de lume con cera fundida), unha habilidade semellante á empregada polos artistas da antigüidade. Nela utilízanse a cera, os pigmentos e o lume, coma se fixo nos primeiros retratos funerarios. O coñecemento destas formas de traballo fai máis completa a formación do futuro restaurador que se esta a formar na Escola.
A montaxe, que ten un propósito didáctico, pretende ser ó mesmo tempo impactante. Asemade, nunha proxección farase unha breve explicación historiográfica sobre os “retratos do Al Fayún”, a súa técnica e as súas posibilidades plásticas a través de artistas contemporáneos como Jasper Jones, Jose M. Sicilia ou Julian Schnabel entre outros. A maioría dos exemplos das primeiras encáusticas son táboas romano—exipcias realizadas entre os séculos I e IV d.C. Dende a súa descuberta a principios do século XIX teñen aparecido máis de 600 exemplares.
A mostra, poderá visitarse ata o próximo 12 de xuño, de 18.00 a 21.00 horas no Museo de Belas Artes, na rúa Xeral Martiegui, s/n, de Pontevedra.