26 mayo 2009

Mos : la alcaldesa suprime la comilona para políticos en la Festa da Rosa

MOS (MORRAZO-tribuna) .- O Concello de Mos organiza este ano, con motivo das Festas da Rosa, un Xantar Veciñal aberto para tódolos veciños. Deste xeito elimínase a comida privada para políticos que se viña celebrando o día 13 de xuño

A programación das Festas da Rosa, no Concello de Mos, prolongarase este ano ó longo de case todo o mes de xuño. Dende o día 1 do mes que ven e ata o 21 haberá no municipio actividades e actos festivos, conservando eso sí, a tradición de celebrar o día grande, o propio Día da Rosa, o 13 de xuño.

Un dos eventos principais de dita data, o sábado 13 de xuño, será o Xantar Veciñal que terá lugar a partir das 14.30 horas no Pavillón Oscar Pereiro. O precio por persoa é de 23 euros que quedarán reducidos a 15 euros ó subvencionar o Concello unha cantidade total de 8 euros por persoa. Así mesmo os nenos e nenas menores de 5 anos poderán xantar de valde.

O menú deste Xantar Popular consistirá en empanada, polbo, carne ó caldeiro, postre e café. Hai un número de 500 entradas dispoñibles que estarán á venda no Rexistro da Casa Cosistorial mosense. A xornada estará amenizada musicalmente en todo momento por unha charanga.

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pronunciouse hoxe sobre a presente edición das Festas da Rosa. “É a primeira vez que se vai facer un programa asequible e cercano para tódolos veciños e veciñas e que manterá constante o nivel de calidade dende o primeiro día ata o último”, declarou Arévalo.

En canto ó Xantar Veciñal a rexedora local expresou que “con esta comida, este goberno quería evitar as ‘cuchipandas’ que montaban os anteriores dirixentes municipais polo Día da Rosa, nas que gastaban ó redor de 1.500 euros en dar de comer a 28 persoas: a corporación e os seus respectivos cónxuxes, máis outros 3.000 euros aproximadamente dos pinchos servidos antes”. E insistiu en que “este ano aforraremos cartos a pesar de subvencionar parte do precio da comida”.

“Agora as invitacións para o xantar estarán dispoñibles para todo o mundo e non só para os cargos políticos e as súas parellas como ocorría antes. O vindeiro día 13 de xuño sentarémonos todos á mesma mesa sen que, como en anos anteriores, os veciños vaian a comer para as súas casas mentres ven coma os seus dirixentes marchabamos de banquete”, explicaba Nidia Arévalo está mañá, ó tempo que invitaba a participar en dita comida, ademais de ós habitantes de Mos a título individual, a tódalas agrupacións municipais como asociacións veciñais, culturais, deportivas, colexios, etc.