CANGAS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O deputado de Deportes do organismo provincial, José Enrique Sotelo, animou este sábado á afección a que asista ó partido da final da Copa Deputación de Fútbol, no que se enfrontarán o Coruxo e o Ribadumia. Segundo recordou o responsable da área de Deportes da institución provincial “a entrada será totalmente gratuíta”.
A final da Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra terá lugar este domingo no Campo de Fútbol do Alondras, en Cangas, ás 18.30. Asistirán o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o deputado, José Enrique Sotelo.
De forma paralela, a institución provincial celebrará a clausura das Escolas Deportivas de Fútbol coa participación de 800 rapaces. Dende ás 11 da mañá do domingo celebraranse partidos nos campos de Hío e Aldán.
Xa pola tarde, no descanso do partido entre o Ribadumia e o Coruxo, os rapaces participantes nas escolas de fútbol recibirán uns agasallos.