VIGO/PONTEVEDRA/MOAÑA/CANGAS (MORRAZO-tribuna) .-A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a adxudicación definitiva das obras de mellora da estrada Moaña-Coiro e do acceso á praia de Menduíña á empresa Construcciones Crespo. O ente provincial investirá en ambas actuacións cerca de 415.000 euros.
O orzamento das actuacións de mellora da estrada provincial 1104 Moaña-Coiro ascenden finalmente a 214.610 euros. As obras consistirán la limpeza de cunetas e no perfilado de taludes nunha distancia de 3.950 metros; na posta en rasante de 61 pozos de rexistro; e na mellora do firme actual e da zona ensanchada. Finalmente, procederase á sinalización horizontal e vertical da vía. O prazo previsto de execución unha vez se adxudiquen as obras será de seis meses.
A mellora do acceso á praia de Menduíña, por outra banda, custará 199.740 euros. Os traballos consistirán no ensanche e explanación da vía con derrubo e construción de muros e peches de nova aliñación. Incluso novos muros de contención e sostemento necesarios para obter a plataforma desexada. Formación de paseos e cunetas e perfilado de taludes nunha lonxitude de 960 metros.
Tamén se acometerá a mellora dos drenaxes coa construción de 960 metros liñais de caño, 28 pozos de rexistro e 28 sumidoiros. Prevese tamén a formación de 300 metros cadrados de beirarrúas e unha partida para a sinalización da vía. O prazo de execución será de seis meses.