30 mayo 2009

Xunta : Hernández asegura que el bigobierno dejó quebrado el IGVS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, cualificou de insostible a situación financeira actual do Instituto Galego da Vivenda e Solo “despois de catro anos nos que o Goberno bipartito duplicou funcións e persoal en materia de vivenda coa creación dunha consellería específica, a pesares de que as competencias eran exactamente as mesmas que xa tiña o IGVS”.

Elo provocou que se crease “unha especie de administración parella á que xa existía, cun incremento de persoal esaxerado sobre todo a través das xestures provinciais (sociedades de capital público dependentes da Xunta encargadas fundamentalmente da xestión de solo residencial e empresarial), que chegaron a contratar “a dedo” a máis de cen persoas, cun custe anual de 4,1 millóns de euros incluíndo o mantemento de oficinas”. Ademais, na propia Consellería duplicáronse 18 prazas que xa existían no IGVS, cun custe a maiores de 717.163,66 euros. “Polo tanto, a creación da consellería supuxo aos cidadáns un gasto adicional de case 20 millóns de euros nos catro anos de lexislatura, e un incremento de persoal de 119 traballadores”.

Neste contexto, no ano 2008 produciuse nas contas do Instituto de Vivenda un desfase contable moi grave. Segundo explicou Agustín Hernández, consignáronse importantes cantidades en concepto de ingresos que “a todas luces eran imposibles de cumprir”, como demostra o feito de que dos 10 millóns de euros presupostados por amortización anticipada de vivendas só se recadaron 123.840 euros, ou dos 33 millóns presupostados como ingresos pola venda de vivendas recadáronse 4,6 millóns. Polo que se refire á venda de solo residencial e industrial, dos 26 millóns previstos, a realización de ingresos foi inferior a 7 millóns de euros.

En total, nos orzamentos do IGVS do ano 2008 presupostáronse como ingresos 114 millóns de euros pero na contabilidade final só se recoñeceron 81,6, cifra que caeu aos 35,5 millóns que se recadaron en realidade. Para o conselleiro, o mais grave é que a pesares de que os ingresos previstos non se cumpriron, comprometéronse obrigas por importe de 99,4 millóns de euros, o que arroxou un déficit financeiro de 17,75 millóns de euros (a diferenza entre os ingresos e os gastos recoñecidos) que obrigou, para cadrar as contas, a unha transferencia da Xunta de 13,7 millóns, entre outras medidas.

EJECUCION PRESUPUESTO DE INGRESOS DAS PRINCIPAIS PARTIDAS (CAPITULO VI) 2008

INICIAL RECONOCIDOS REALES INIC / REC INIC / REAL

Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI

Industrial

16.063.218,00

7.194.073,34

2.344.522,90

8.869.144,66

13.718.695,10

Residencial

9.909.643,00

20.351.729,28

4.643.414,01

-10.442.086,28

5.266.228,99

Locais

4.085.000,00

200.358,37

191.778,75

3.884.641,63

3.893.221,25

Amortizacion anticipada

10.130.547,00

1.981.028,19

123.840,51

8.149.518,81

10.006.706,49

Alleamento vivendas

33.119.592,00

13.323.101,90

4.690.939,00

19.796.490,10

28.428.653,00

Recadacion viviendas

14.000.000,00

0,00

0,00

14.000.000,00

14.000.000,00

0,00

0,00

CAPITULO VI

87.308.000,00

43.050.291,08

11.994.495,17

44.257.708,92

75.313.504,83

Para Hernández “esta situación acendería as luces de alarma de calquera xestor medianamente rigoroso, pero a anterior Consellería de Vivenda optou por unha fuxida cara diante”. Así, nos presupostos de 2009, “lonxe de facer unha política responsable e de contención do gasto, o que fixo foi incrementar aínda mais os presupostos precisamente nas partidas nas que a execución de ingresos foi menor no ano anterior”.

A xuízo do conselleiro, despois da mala execución do 2008 non se adoptaron solucións orzamentarias e insistiuse en seguir aumentando dunha forma desorbitada e sen xustificación económica os ingresos por venta de vivendas e de solo. Como exemplo claro da “absoluta falta de consistencia dos presupostos do ano 2009”, Hernández explicou que a previsión de ingresos por venda de locais increméntase un 2.742% sobre o cobrado en 2008 e as amortizacións anticipadas de vivendas un 15.869%, tal e como se reflicte no seguinte cadro:

Concepto

Presuposto ingresos 2009

Presuposto ingresos 2008

Recadación real 2008

% incremento presuposto 2009 sobre ingresos reais 2008

Ventas solo industrial

27.830.817

16.063.218

2.344.522,90

1.087,06%

Amortización anticipada vivendas

19.777.315

10.130.547

123.840,51

15.869,99%

Venta locais comerciais

5.450.441

4.085.000

191.778,75

2.742,05%

Agustín Hernández engadiu que, a data de hoxe, na execución dos orzamentos do IGVS do 2009 existe un desaxuste de mais de 40 millóns de euros entre os compromisos adquiridos pola anterior administración e os recursos financeiros reais do Instituto da Vivenda. No que vai de ano comprometeuse o 55% do presuposto, recoñecéronse ingresos por menos do 24% e cobrouse efectivamente o 0,87%. “Esta evolución lévanos a afirmar que, de non tomarse medidas drásticas de contención do gasto, o desfase financeiro a finais de ano podería chegar aos 68,9 millóns de euros”, precisou.

Presuposto inicial 2009

Gastos comprometidos

Ingresos recoñecidos

Recadado

126.757.382

70.552.000

29.931.549,26

1.105.297,81

55,66%

23,61%

0,87%

Advertiu que existen ademais unha serie de gastos previsibles aínda non contabilizados como son modificacións de obra en tramitación, liquidación e revisión de prezos pendentes de aprobación, e outros, que fan prever que o importe das obrigas sexa notablemente superior. Puxo como exemplo o modificado por un importe de mais de 6 millóns de euros pendente de aprobación nas vivendas de San Paio de Navia, en Vigo.

Novo presuposto

Ante esta situación, o responsable de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalou que a consellería “non ten outro camiño que reformular o presuposto do Instituto Galego da Vivenda e Solo para axustalo á realidade financeira do organismo, e rematar así coa ficción contable na que estaba sumido o anterior executivo”.

Hernández tamén denunciou o uso dun artificio financeiro para cadrar os presupostos do IGVS mediante a transmisión de solo ás xestures en condicións difíciles de prezo de venta, sobrecargando financeiramente a estas sociedades. Isto, a xuízo do conselleiro, queda acreditado co dato de que, a día 26 de maio de 2009, as xestures deben ao IGVS 17,6 millóns de euros. A pesares disto, no exercicio 2009 presupóstanse outros 23,2 millóns de euros en concepto de pagos das xestures ao IGVS.

“Estamos procedendo ao cambio dos consellos de administración destes organismos e en dúas ou tres semanas nomearemos aos novos xerentes. Imos auditar as catro xestures para ver a súa situación financeira, porque tamén nos tememos que estean en risco de insolvencia, e non desbotamos pedir responsabilidades aos administradores”, afirmou o conselleiro.

Asegurou que a Xunta buscará as fórmulas necesarias para atender aos compromisos e rescatar a política de vivenda da Xunta de Galicia “do burato negro deixado polo bipartito”. Entre elas apuntou a reelaboración do orzamento, a contención do gasto e a procura de fórmulas innovadoras para activar o mercado de venta de solo empresarial, como o aluguer con opción de compra ou os pagos diferidos.