________________________________________
Madrugadora bandera azul en A Guarda
________________________________________
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O Concello da Guarda amosa a súa satisfacción por ter acadado o recoñecemento de Bandeira Azul para a praia de Area Grande.
A praia de Area Grande contará este ano con novos servicios coma o de socorrismo e paneis informativos, así como actividades de concienciación medioambiental e de información sobre o galardón de Bandeira Azul. A estes novos servicios temos que engadir os que xa se viñan prestando: recollida selectiva, papeleiras, limpeza diaria, duchas, baños ou obras como as barandillas ou a mellora no acceso á praia a través da nova pasarela de madeira ao que temos que sumarlle as obras de creación da area de esparcemento no entorno de Fedorento, explica a concelleira Montse Magallanes.
Todo este grupo de actuacións se enmarcan nunha política de mellora das nosas praias para dotalas dos mellores servicios, en socorrismo e vixiancia, en limpeza e recollida selectiva de residuos, en accesibilidade, en información da calidade das augas, en actividades medioambientais etc..., coa finalidade de garantir aos nosos cidadáns os maiores niveis de calidade nas praias da nosa localidade.