O Ministerio ten que poñer dunha vez todos os medios para acelerar as obras do AVE e cumprir os prazos comprometidos en lugar de tratarnos como ignorantes ao excusarse en que todo o mundo sabía que non se poderían cumprir os prazos
A FAVEC considera un total desprezo e falta de consideración hacia todos os galegos e galegas o anuncio de José Blanco desmentindo os prazos da alta velocidade para Galicia prometida para 2012. Como unha persoa que ocupaba a Secretaría Xeral do PSOE e que era coñecedor da realidade das obras da alta velociadade pudo consentir durante tanto tempo este engano aos seus compatriotas?
Resulta insultante a hilaridade coa que o Ministro compadece agora para xustificar todas as mentiras do seu departamento, escudándose na simpleza de que todos sabíamos que era un prazo irreal, como vai xustificar agora a súa credibilidade? Este engano aos galego non merece unha dimisión?
As nosas felicitacións ao Sr. Touriño por demostrar a súa valentía e ser quen dar explicacións sinceiras sobre o engano e manipulacións informativas, unha actitude que botamos en falta no Alcalde de Vigo ao que que exiximos saia na defensa da cidade, que abandone o conformismo e faga forza para a chegada do AVE en prazo. Danos igual cando chegue a alta velocidade á Coruña ou se chega ao mesmo tempo xa que postos a facer comparacións no eixo A Coruña – Santiago existen máis de 30 quilómetros en funcionamento.
Lembramos ao Alcalde que a súa palabra e credibilidade están agora en xogo logo do firme compromiso adquirido coa cidadanía cando na precampaña electoral afirmou ter a garantía do Goberno Central de que a alta velocidade chegaría en 2012; incluso comprometeu a súa candidatura a que o AVE a Madrid sería directo a través de Cerdedo, un tramo que tan siquera se menciona hoxe en día desde o departamento de Fomento.
Xa que este proxecto se atopa completamente parado sinalamos a conveniencia de que se faga un estudio informativo e de viabilidade da proposta de conexión de alta velocidade Vigo-Madrid feita por Xosé Carlos Fenández e avalada pola Asociación Profesional de Peritos e Ingenieros de Galicia.
Xosé Couñago Ribeira /Elena González Sánchez
Secretario FAVEC / Presidenta Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao