VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A prioridade da Xunta de Galicia é garantir a seguridade vial na estrada autonómica Marín-Moaña (PO-313). A sinalización horizontal realizada responde a unha normativa realizada polo anterior Goberno. Coa fin de atopar unha solución ao conflito plantexado, a xefatura provincial de Estradas analizará polo miúdo o treito co obxecto de acadar unha solución que permita compatibilizar a mellora da seguridade vial coa realidade urbanística da zona.
Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pintará novamente as sinais viarias horizontais da estrada Marín-Moaña. O departamento galego advirte de que a eliminación, modificación ou alteración de calquera sinal viaria é considerado un delito que atenta conta a seguridade vial, e que está penalizado con multas de elevado custe.
Dende o departamento dirixido por Agustín Hernández recordase que a solución adoptada nesta estrada responde a un estudio elaborado polo Goberno bipartito que se compromete a revisar, pero mentres tanto non permitirá que se poña en perigo a seguridade viaria. Cómpre recordar que a Memoria de Seguridade Viaria 2008 recolle que o tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,5 e 2,4 da PO-313 está considerado un treito de concentración de accidentes, debido á falta de visibilidade de cruce na maioría dos accesos e das interseccións.
Seguindo as indicacións recollidas no documento sobre instrucións de acceso ás estradas de titularidade autonómica (regulada pola orde Circular 3/2007 con motivo das obras de reforzo de firme da estrada PO-313) o Servizo Provincial de Estradas procedeu a mediados do mes de marzo á modificación da sinalización horizontal co obxectivo de aumentar a seguridade vial e reducir o número de accidentes.
Nese senso, recoméndase limitar os xiros á esquerda e esíxese que se dispoñan sempre dunha visibilidade superior á de cruce, cando se permitan os xiros de entrada ou saída da estrada dende un acceso.
No obstante, a Consellería de Medio Ambiente traballa na busca de solucións para evitar ao máximo os riscos que se suceden neste tramo viario e, en consecuencia, garantir a seguridade e eliminar as situacións de perigo nas que se poidan ver implicados os veciños desta zona.
Volume de tráfico
Os datos cos que conta o departamento dirixido por Agustín Hernández revelan que este tramo, ao estar nun punto de interacción de estrada con núcleos de poboación, o volume de tráfico rodado ascende ata os 6.231 vehículos diarios, que xeran unha gran cantidade de movementos e manobras. Cómpre sinalar que as travesías constitúen, xeralmente, os tramos máis perigosos da rede de estradas, afectando sobre todo aos viandantes.
Desde o ano 2005 ata o 2008 no tramo comprendido entre o punto quilométrico 1,5 e 2,4 rexistráronse un total de 11 accidentes, que se cobraron a vida de dúas persoas, houbo 7 feridos graves e 14 persoas resultaron feridos leves.
Atendendo á natureza do accidente, as cifras revelan que o 27,27% producíronse ir saída de vía pola dereita con colisión e choque contra un muro ou edificio, outro 27,27% foi un accidente frontal (colisión de vehículo en marcha), un 18,18% tiveron a súa causa nunha colisión frontolateral, así como por un vuelco na calzada e máis dun 9% foron