29 mayo 2009

Desde la tarde de este viernes :
el Rallye de las Rias Baixas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- 29 de Maio, 20.30h, Avenida de Samil. É a cita para os afeccionados ao deporte das catro rodas. Aí arrinca a edición do Rallye Rías Baixas Gran Premio Vodafone Turismo de Vigo máis próxima á cidade olívica, dos últimos corenta anos. A cuarta proba puntuable para o Campionato de España de rallyes de asfalto disputa este venres nas inmediacións do areal vigués o primeiro dos seis tramos cronometrados aos que terán que facer fronte os equipos participantes. A especial urbana de Samil componse de 1 quilómetro 370 metros; un percorrido que sairá desde as inmediacións do hotel, discorrerá por un dos aparcamentos anexos ao arenal, virará na rotonda que conflúe coa Avenida de Europa e terminará nun rápido zig-zag polo estacionamento do Museo Verbum. É un tramo espectáculo pero que tamén puntuará, como os que se disputarán o sábado polo sur da provincia de Pontevedra, para a clasificación final de Rallye.

A celebración desta cronometrada obrigará a cortar o tráfico cara á Avenida de Samil ás 16.30h. Dende esa hora e ata as 22.00h. pecharanse os accesos ao arenal vigués na rotonda de Alcabre e na que está situada nas proximidades do Colexio Amor de Deus.

Por ese motivo, a organización do Rallye Rias Baixas recomenda aos afeccionados que se despracen ata alí nos autobuses de VITRASA, que reforzará as súas liñas cara ao arenal vigués; e se o fan cos seus vehículos que accedan pola VG20, e na rotonda cambien de sentido dirección Bayona por Rúa Ricardo Mella, virando un pouco máis adiante cara a Ctra. Muiños e Rúa do Río. Desa forma poderán chegar aos aparcamientos que hai situados ao final da Praia de Samil.

Parque pechado

Ao término do treito urbano Turismo de Vigo, os participantes trasladaranse ao Recinto Ferial de Cotogrande para deixar os seus vehículos no parque pechado. É outra das novidades que presenta a 45ª edición do Rías Baixas Vodafone. Deste xeiro, os afeccionados que o desexen poderán achegarse ata alí e ver de preto os automóbiles que participan na proba viguesa, ata ben entrada a noite.

Shakedowmn

O tramo test é outra boa ocasión para ver en acción aos mellores pilotos do rallye. Desde as 9.00h a 11.00 da mañá os 29 equipos que o solicitaron terán a oportunidade de poñer a proba os seus vehículos no Shakedown. É un tramo de 2,92 quilómetros que percorre os montes das parroquias viguesas de Bembrive e Beade, ao que os participantes poderán dar un máximo de 5 pasadas.

Loita aberta pola vitoria

O 45º Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo é a cuarta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto. O “nacional” comezou na localidade alicantina da Vila Joiosa o 28 de marzo co triunfo de Miguel Fuster aos mandos dun Porche 911 GT3, celebrou a súa segunda cita en Canarias o 25 de abril, con vitoria para os irmáns Sergio e Diego Vallejo (Porche 911 GT3) e agora chega a Vigo tralo seu paso por Santander, onde se impuxo Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX Sti).


Trala disputa desas tres primeiras probas é Miguel Fuster o que comanda a clasificación xeral provisional do campionato con 105 puntos, seguido moi de preto por Xavi Pons (97,5 puntos) e por Enrique García Ojeda (94,50 puntos). Os lucenses Sergio e Diego Vallejo chegan ao “Rías” na cuarta posición do “nacional” (52,50 puntos) pero, como sempre, encaran a proba coa motivación extra de correr “na casa”. A loita pola vitoria preséntase máis aberta que nunca.


Cronoloxía

Venres 29 de Maio…………..Shakedown (Equipos prioritarios) 09:00-09:30 H
Shakedown (Todos o equipos inscritos) Monte de Bembrive 09:30-11:00 h

Verificaciones Administrativas Oficina Permanente (12:30-13:30 h)
Verificaciones Técnicas P. Asistencia IFEVI (14:30-16:30 h

Publicación lista e hora de saída dos vehículos autorizados a tomar a saída ao Rallye.18h

TC 1 Samil 1,37 (20:35h.)

Parque Pechado. IFEVI (21.33h.)


Sábado 30 de Maio………….Saída 1º participante- 2ª Sección. (07:15 h) Parque Reagrupamiento. IFEVI
TC 2 AS NEVES (14,35 kms.) 08:10h
TC 3 COVELO (23,62 kms) 08:49h.
Chegada 1º participante - 2ª Sección. (09:48 h) Parque Reagrupamiento. IFEVI

Saída 1º participante - 3ª Sección. (10:03 h) Parque Reagrupamiento. IFEVI
TC 4 AS NEVES (14,35 kms) 11:08h.
TC 5 COVELO (23,62kms.) 11:47h.
TC 6 FORNELOS (11,37kms.) 12:31h.
Chegada 1º participante - 3ª Sección. (13:24 h). Parque Reagrupamiento. IFEVI

Saída 1º participante - 4ª Sección. (14:14 h:) Parque Reagrupamiento. IFEVI
TC 7 FORNELOS (11,37kms.) 15:32h.
TC 8 PONTEAREAS (14,77kms.) 16:08h.
TC 9 MONDARIZ (17,96kms.) 16:59h.
Chegada 1º participante - 4ª Sección. (18:02 h) Parque Reagrupamiento. IFEVI

Saída 1º participante - 5ª Sección. (18:12 h:) Parque Reagrupamiento. IFEVI
TC 10 PONTEAREAS (14,77kms.) 19:15h.
TC 11 MONDARIZ (17,96kms.) 20:06h.
Chegada 1º participante - 5ª Sección. (21:28 h) Parque Pechado

Entrega de TROFEOS. Podium. (21:47 h) IFEVI