29 mayo 2009

La diputada Davila pide al presidente Bono que la ampare ante un Gobierno que no le hace ni caso

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiu unha carta ao Presidente da Cámara Baixa, José Bono, para pedirlle amparo para que o Goberno resposte dunha vez á súa iniciativa parlamentar de xaneiro sobre os expedientes de expropiación dos afectados polas obras do AVE en Teis.

Davila quer que Bono se dirixa ao Goberno para reclamarlle a contestación á súa pregunta presentada o pasado 22 de xaneiro.
Nesa iniciativa, a deputada do BNG interpelaba ao Goberno sobre as razóns polas que aínda non remitiu ao Xurado Provincial de Expropiación os expedientes dos afectados de Teis que non chegaron a un acordo sobre os valores ofrecidos polas súas propiedades.

A parlamentar nacionalista explicaba na súa iniciativa que, según a lexislación vixente, o Ministerio rematou o trámite expropiatorio sen acadar acordos con algúns dos veciños afectados. Polo tanto, e unha vez concluido o expediente, e ante o rexeitamento polo expropiado dos valores ofertados por Fomento, este ten que remitir o expediente ao Xurado Provincial de Expropiación para determinar o xustiprezo, trámite que aínda non se levou a cabo o que prexudica gravemente aos veciños afectados.

Davila urxía a Fomento a remitir os expedientes

Esa era a razón pola que Davila urxía ao Ministerio a remitir estes expedientes ao Xurado.
Ademáis, explicaba que “se for certo que as parecelas obxecto da nosa preocupación poden servir no futuro para outro fin, sería o Ministerio como titular das mesmas quen as utilizaría para estradas ou outro fin. Pero non se lle pode negar aos expropiados a valoración final dos seus béns que compete ao Xurado”.

Para a deputada do BNG, “é unha cuestión de xustiza porque non hai que esquecer que estamos a falar de propiedades que son o domicilio habitual de persoas de clase traballadora, sen o suficiente poder adquisitivo para poder facer fronte ao pago das novas vivendas”.

A deputada nacionalista agarda que con esta reclamación o Goberno dea cumprida resposta á súa iniciativa.