26 mayo 2009

"Dumping social" en el sector pesquero... Ana Miranda lo incorpora a su campaña

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou hoxe o “dúmping social” que se practica no sector pesqueiro cos traballadores extracomunitarios. Neste sentido, adiantou que o BNG demandará no Parlamento Europeu que “as axudas públicas aos armadores estean vinculadas á mellora das condicións sociolaborais das tripulacións”.

Ana Miranda reuniuse esta tarde en Santiago de Compostela co presidente da Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueiros (AETINAPE), Manuel Muñiz, para analizar as demandas do sector.

A candidata do BNG mostrou o seu rexeitamento a que “empresas que reciben cuantiosas subvencións públicas practiquen o dúmping social, enrolando a tripulantes extracomunitarios por salarios ínfimos”. A este respeito, o presidente de AETINAPE lembrou que “buques que até hai uns meses enrolaban unha media de 6 tripulantes españois por barco, agora na súa maioría só contan con 1 ou 2 tripulantes de orixe española”.

Oposición do BNG aos desguaces

Por outra parte, Ana Miranda tamén amosou a oposición do BNG á reducción da capacidade pesqueira galega a través de desguaces, unha medida que defende o Comisario Europeo de Pesca, e que “non se debería facer con diñeiro público porque destrúe centros de empregos a cambio de reducir aínda máis a nosa capacidade pesqueira”.

Homologación a nivel europeo dos títulos

Ana Miranda tamén coincidiu co presidente de AETINAPE na necesidade de que haxa unha homologación dos títulos marítimo-pesqueiros na Unión Europea. Ademais, a candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeu amosou o seu compromiso para traballar pola creación dunha Axencia de Inspección Pesqueira Europea, de carácter supraestatal.

A candidata do BNG comprometeuse a trasladar estas demandas tanto ao Parlamento Europeo como á Comisión Europea de Pesca “tan pronto tome posesión como eurodeputada do BNG”.