MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- Un nutrido grupo de usuarios de transporte público por carretera mantuveron un encontro cos concelleiros Pastoriza e Suárez no salón de plenos do Concello de Moaña.
No transcurso do encontro, os concelleiros trasladáronlle os usuarios as conclusións da xuntanza que estes mantuveron dias atras cos responsables de Monbus.
Unha gran preocupación dos usuarios sigue a ser o estado dos autobuses. Ante isto, tódolo demais (horarios, tarifas, paradas, etc ..) é secundario.
Como resultado da xuntanza de hoxe, o Concello trasladará de novo a dirección de Monbus o gran descontento existente nos usuarios polas deficiencias nos autobuses.
Os usuarios acordaron trasladar individualmente as queixas-reclamacións a compañia a traves das follas de reclamación existentes nos autobuses tan pronto perciban unha deficiencia nun autobus.
Periodicamente, o Concello manterá xuntanzas cos representantes dos usuarios, para recibir información de primeira man, das reclamacións que estes van presentando e da resposta que a compañia esta ofrecendo a estas reclamacións. En función destas conversacións decidiranse novas accións a tomar dende os usuarios e dende o Concello.
Ademais, dada a boa predisposición que mostrou a dirección de Monbus, no encontro que mantuvo cos concelleiros, dende o Concello non se descarta que se poidan mellorar os horarios e incluso habilitar algun mecanismo para aplicar bonos ou algún tipo de tarifa reducida como tamén información detallada das rutas e horarios en cada unha das marquesinas.