29 mayo 2009

Xunta : Educación y los
Sindicatos, más cerca

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-As organizaciòns sindicais veñen de aceptar a proposta formulada esta mañán pola Consellería de Educación en relación cos hipotéticos agrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria que se poideran producir cara o vindeiro curso escolar. A Consellería quere amosar a súa satisfacción polo feito de que os sindicatos se sumaran aos intentos de reconducir a situación ao escenario de diálogo sempre ofertado pola Dirección Xeral de Centros e recursos Humanos.

O director Xeral, José Manuel Pinal, expresou, unha vez acadado o acordo, que “a Consellería sempre quixo negociar dende o primeiro momento, e sempre buscará o entendemento cos sindicatos, polo ben da comunidade educativa”. Polo demais, tralo texto aceptado polas partes, a Consellería reafirma o carácter de documento interno de traballo que tiña a circular do pasado día 14, e que se enviou “coa única finalidade de recompilar datos por parte da Administración educativa, e sen a pretensión de aplicalo para a determinación das unidades”.

O mesmo acordo contempla algo que tamén xa foi difundido pola propia Consellería dende o primeiro momento da polémica: que será na Mesa Sectorial Docente non Universitaria onde se negociarán –a partir do martes día 9 de xuño- os criterios a aplicar nos supostos de posibles agrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria de distinto nivel educativo dento do mesmo ciclo e, excepcionalmente, de distinto ciclo”… Serán precisamente estes criterios resultantes da negociación os que se apliquen na determinación das unidades, sen prexuizo das conversas específicas coas Xuntas de Persoal.