VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Con esta posta en escea, o C.S.C.R. de Beade celebra a súa tradiconal Festa da Cereixa. O grupo da Federación Veciñal “Moxenas Musical Galego”, con preto de 40 artistas, levará a música, o canto e os bailes tradicionais ao auditorio do C.S.C.R. de Beade (estrada de Coutada, nº42). Será na tarde de este venres, 29 de maio a partir das 21.30h horas. A entrada e libre e de valde ata completar o aforo.
Moxenas representou á cidade de Vigo no Festival Intercéltico Internacional de Lorient en Francia en 2006 e este ano volverá a representar a cidade con especial relevancia por ser o ano dedicado a Galicia en Lorient.
A idea do proxecto artístico “Moxenas Musical Galego” é a de aglutinar aos mellores valores da música, canto e baile tradicionais, provinientes das escolas e agrupacións das asociacións veciñais, para dar a oportunidade de promocionarse a un nivel superior á vez que arriquecer ás agrupacións de base das que proveñen.
O proxecto de Moxenas Musical Galego xorde en 2004 e ten a súa estrea en abril de 2005 cun concerto no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, sendo amadriñada a agrupación pola coñecida artista Susana Seivane.