VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O piloto lucense (Porsche 911 GT3) segue líder destacado do 45º Rías Baixas Vodafone trala disputa dos seis primeiros treitos
A 45 edición do Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo chegou ao seu ecuador cun claro líder, Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3), que non está dando opcións aos seus rivais, malia que Miguel Fuster (Porsche 911 GT3) séguelle moi de preto. O piloto lucense mantén a primeira posición a máis de trinta segundos (34.4) do alicantino, tras lograr marcar o mellor tempo en Covelo e acabar segundo nas Neves e Fornelos. E é que os irmáns Vallejo están sacando rendemento aos segundos que lles lograron arrebatar aos seus rivais nos primeiros tramos do día (As Neves e Covelo), onde sempre marcaron os mellores tempos. Así que, se todo segue igual no que resta de tarde, o Rallye Rías Baixas Vodafone poderá ter un campión galego, trece anos despois de que Sergio e Diego Vallejo xa lograsen a vitoria final.
A segunda posición na xeral está en mans de Miguel Fuster. O actual líder do Campionato de España de Rallyes tivo que esforzarse ao máximo nestes últimos tramos para recortar distancias con respecto a Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X) e coarse así no ronsel de Sergio Vallejo. O alicantino, que é consciente de que a segunda posición permítelle manter o liderato do Campionato de España, arriscou ao máximo no último tramo da mañá (Fornelos) e como recompensa obtivo o mellor tempo e a segunda praza na xeral do Rías Baixas. Unha segunda praza que bota fume xa que Xevi Pons vai pelexar por recuperar esta posición no que resta de competición e pódeo lograr, xa que fixo un bo traballo nos tramos da mañá onde sempre se coou entre os tres primeiros postos, ata na segunda pasada polas Neves marcou o mellor tempo.
O gañador do ano pasado, Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI), mantense na cuarta posición da xeral sacando o máximo rendemento do seu coche e do seu coñecemento deste Rallye Rías Baixas. Séguelle Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X) e o galego Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X), que non está moi satisfeito co rendemento do seu coche. Do mesmo xeito que outro galego, Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), que tras marcar o cuarto mellor tempo na primeira pasada polas Neves, foi perdendo fuelle ao longo dos seguintes tramos, aínda así se mantén sexto na xeneral.
Na Mitsubishi Evo Cup segue líder Xavi Pons, quen lle saca máis dun minuto a Alberto Monarri e o galego Alberto Meira, que ten problemas co seu coche.
Máis igualado está o Trofeo Suzuki Swift, que segue liderado por Esteban Vallin, ao que lle pisa as rodas Pablo Pazó e a maior distancia Manuel Souto.
Igual de reñido tamén está o Grupo N, que de momento encabeza Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X), pero do que non se despega Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI). A moita distancia atópase Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X) e o galego Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X).
Moito calor e problemas técnicos
O que parece é que os pilotos están sufrindo moito coas altas temperaturas que axexan as Rías Baixas (máis de trinta grados ao mediodía). Unha calor que tamén está afectando aos coches que sofren problemas cos freos e os neumáticos, o que obriga aos pilotos a ser máis precavidos nos diferentes tramos. Malia iso todos estanse esforzando por dar o máximo e ofrecer un bo espectáculo deportivo aos afeccionados que están abarrotando as estradas, os arcenes…
Pero a calor tamén afecta ao numeroso público que está presenciando a proba, que buscan refuxiarse á sombra das árbores, refrescarse nos ríos ou ata nos pequenos regatos.