28 mayo 2009

El Bloque pide al Gobierno que congele las tasas académicas y otorgue más becas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, advertiu esta tarde ao Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, das “tentacións de inxerencia por parte do Goberno na competencia das CC.AA en materia educativa” e demandou máis bolsas e conxelación de taxas académicas debido ao contexto de crise económica.
O Ministro comparecía para explicar as liñas do seu departamento e o proceso de adaptación a Bolonia.

Proceso de Bolonia

Davila tamén amosou ao Ministro de Educación a preocupación do BNG pola adaptación ao Espazo Universitario Europeo, coñecido como proceso de Bolonia. “Hai unha parte importante da comunidade docente e estudiantil que está preocupada porque se aproveite esta reforma educativa para proceder á realización dunha reforma de carácter mercantilista da Universidade”.

Ademáis puxo enriba da mesa a necesidade de financiamento para levar a cabo os reptos en materia de educación, especialmente na Universidade. Respeito ao entorno universitario, aludiu á precariedade laboral no que se atopa moito do personal docente. Nese sentido, interpelou ao Ministro de Educación sobre o proxecto que anunciou na súa comparecencia do Estatuto do Persoal Docente e Investigador. “Para cando vai ser? Despois de agardar tanto tempo por ese Estatuto, tantas veces debatido nesta Cámara, será para un futuro imediato?”.

Puxo de relieve a deficitaria situación laboral que padecen os investigadores, de aí a necesidade de contar canto antes cun Estatuto desas características.

Competencias autonómicas

En canto á FP, a deputada do BNG lembrou a Ángel Gabilondo que a materia de educación está transferida ás CC.AA que ten a responsabilidade. O labor do Ministerio é o de asegurar o financiamento e a equidade através dos Consellos correspondentes. Pero, sinalou, “vosté nomeou a Rede de Centros de FP, e sería bón saber se están a plantexar isto desde o Ministerio ou son os xestionados polas CC.AA. Hai algunha intención do Ministerio de xestionar todo isto?”. Advertiu ao titular de Educación “das tentacións de inxerencia por parte do Goberno nas competencias das CC.AA”.

Asemade, e debido ás alusións do Ministro respeito á educación de 0 a 3 anos e da colaboración cos concellos para implantar escolas, Davila advertiu de novo que se trata dunha competencia autonómica. “Debe estar coordenado por quen ten a xestión”.

Bolsas e taxas académicas

Respeito ás bolsas e taxas académicas, Davila pregunto a Gabilondo se están previstas medidas neste sentido dado o contexto de crise económica. “Ten o Ministerio algunha previsión de incremento das bolsas ou de conxelación das taxas académicas debido á situación de crise?”.
Tamén pediu ao Ministro que explicase as novas modalidades de bolsas anunciadas hoxe, bolsas compensatorias e bolsas salario.