28 mayo 2009

Deputación contrata 110 peones para la mejora mediambiental

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta tarde o contrato laboral que servirá para que 110 persoas da provincia desenvolvan tarefas de limpeza forestal e de praias.
Estas labouras, que terán lugar entre o 1 de xuño e o 30 de novembro, terán unha asignación económica de 1,1 millóns de euros que foi destinada a concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes polo que podían acollerse a el un total de 22 municipios da provincia.
Os traballadores seleccionados corresponden ós seguintes concellos:
Cambados, 5 peóns de limpeza e 1 peón reservado a discapacitados; O Grove, 6 peóns de limpeza, Sanxenxo, 8 peóns de limpeza, Vilagarcía, 6 peóns de limpeza, e Vilanova, 7 peóns de limpeza. Poio, 4 peóns de limpeza. Bueu, 3 peóns de limpeza; Cangas, 4 peóns de limpeza; Marín, 5 peóns de limpeza.
A Estrada, 4 peóns forestais; Lalín, 7 peóns forestais. Baiona, 8 peóns de limpeza; Gondomar, 4 peóns de limpeza; Nigrán, 5 peóns; A Guarda, 5 peóns de limpeza; Tui, 5 peóns de limpeza. Mos, 6 peóns forestais; Porriño, 3 peóns forestais; Tomiño, 2 peóns de limpeza; Redondela, 5 peóns de limpeza. Ponteareas, 6 peóns forestais.
Louzán destacou que con este plan a institución pretende “contribuír a frear o paro” e puntualizou que no presente 2009 “a Deputación facilitará emprego a máis de 30.000 persoas”.
Do mesmo xeito, apelou á responsabilidade dos traballadores á hora de cumprir coa súa labor posto que “ xogarán un papel importante na imaxe que a provincia proxecte durante a época estival ó centrarse o seu traballo na limpeza, rexeneración de praias, áreas recreativas, etc”.


Case 2.000 solicitudes rexistradas
A Deputación Provincial de Pontevedra rexistrou un total de 1.940 solicitudes de persoas para traballar durante un período de seis meses no Plan de Conservación e Limpeza de espazos naturais convocado para o presente 2009.
A través deste plan a institución pretende asegurar, nos meses de verán e de maior afluencia turística, unha prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial. Do mesmo xeito, contribuír a mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados.
Os traballos comprenderán limpeza e rexeneración de praias, áreas recreativas e espazos naturais, xardíns, etc. As condicións laborais deste persoal rexerase polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores.
Así, a xornada a tempo completo será de 37,50 horas semanais. O horario de traballo será determinado por cada concello. Con respecto á retribución económica, os salarios dos Peón-Operario será de 1.286,09 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras. O período vacacional será en todos os casos de 11 días.