NAVIA : historia do retroceso
nos dereitos dos demandantes
de vivenda protexida
A Asociacion Veciñal de Navia considera un RETROCESO nos dereitos dos demandantes de vivenda protexida o anuncio da Conselleria de Vivenda da Xunta de reformar o Rexistro de demandantes de vivenda pubrica e un AVANCE nas practicas fraudulentas e especulativas de determinados promotores inmobiliarios.
Dende o inicio de tramitacion do PAU de Navia a Asociación Veciñal polo coñecemento que tiña de veciños e compradores de vivenda protexida, DENUNCIOU PUBRICAMENTE a practica fraudulenta dos promotores inmobiliarios actuantes no PAU consistente en pedir un sobreprecio, por teoricas melloras, sobre o precio oficial da vivenda; condicion “sine qua non” para poder acceder a compra da desexada vivenda.
Tras denuncias conxuntas da Asociacion Veciñal e dos propios demandante, ante a Administracion de Xunta , os Xulgados Ordinarios e os cambeos que se produxeron nos/as responsabeis, daquela, da Conselleria de Vivenda xurdiu entre outras medidas o Rexistro de Demandantes de Vivenda Pubrica.
A Asociacion Veciñal recibiu con espranza a implantacion de referido Rexistro, xa que se tomaban medidas efectivas contra os metodos cuasi mafiosos dos promotores inmobiliarios , que especulaban cos terreos expropiados aos veciños de Navia e coas necesidades e dereitos contitucionais de vivenda dos cidadans.As cousas parecian que comenzaban a cambear nun sector tan especulativo como o da vivenda.
O anuncio dos actuais responsabeis de Conselleria de Vivenda de modificar o Rexistro para, según eles, “simplificar os tramites” e para os que “ teñan cartos podan mercar vivenda protexida, siñifica directamente unha submision vergoñenta de Nuñez Feijoo aos intereses especulativos dos promotores inmobiliarios. E para elo puso “ unha zorra”, o actual Conselleiro, a “coidar das galiñas”. Unha ofensa á democracia, á transparencia administrativa e aos dereitos dos cidadans que nos sexan promotores inmobiliarios.
Navia (VIGO) a 28 de Maio de 200
XUNTA DIRECTIVA DE ASOCIACION VECIÑAL DE NAVIA