26 mayo 2009

Feijóo se felicita por
el éxito de Gerês-Xurés

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou hoxe a súa satisfacción pola decisión da Unesco de declarar o parque galego- portugués do Xurés- Gerês Reserva Mundial da Biosfera. O máximo mandatario galego cre que esta decisión, feita pública esta mañá polos responsables do Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco, supón un recoñecemento á riqueza e diversidade da fauna e flora deste parque natural transfronteirizo.

Nesta liña, o presidente galego considera que esta declaración supón a constatación do alto valor do patrimonio natural do parque e da necesidade de conservar e estudar este territorio excepcional, así como da importancia do traballo conxunto entre administracións.

Case 63.000 hectáreas en Galicia
A Reserva da Biosfera Transfonteiriza Xurés- Gerês foi aprobada hoxe ás 10,30 horas en Jeju (Corea do Sur) polo Consello Internacional de Coordinación do Programa da Unesco sobre o Home e a Biosfera, e xa forma parte da Rede mundial de reservas da biosfera. A superficie total da reserva é de 267.985 hectáreas, das que 62.916 (o 23%) están en Galicia e 205.042 (o 77%) ocupan superficie portuguesa.

O concepto de Reserva da Biosfera foi desenvolvido inicialmente no ano 1974. Son territorios cuxo obxectivo é conciliar a conservación da natureza co desenvolvemento económico, e se establecen sobre zonas ecoloxicamente representativas e de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nos cales a integración da poboación humana e das súas actividades son esenciais.