02 julio 2009

O Centro de Dinamización da Guarda formou en xuño a case 30 persoas nas Novas Tecnoloxías

A Guarda (MORRAZO-TRIBUNA).- No mes que rematou impartíronse preto de 40 horas de formación tecnolóxica e a aula aberta foi utilizada en máis de 300 ocasións A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xuño co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en A Guarda. No mes que remata impartiu un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 28 persoas e que se estenderon ao longo de 38 horas.

Cabe tamen destacar que este mes fixose entrega dos agasallos os premiados do “II Certame de MicroRelatos da Guarda”, iniciativa na que participaron 15 persoas.

Asemade, 24 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 301 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello da Guarda en xaneiro de 2007, foron xa 507 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 73 obradoiros nos que se formou a 469 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, sito en rua Rosalia de Castro 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.