01 julio 2009

REACCIONES tras la tragedia del Villa de Aguete

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo un contacto permanente co secretario xeral do Mar, do Ministerio do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Juan Martín Fragueiro, para estar informados e prestar a colaboración que precisaran da Xunta, dende o momento en que se coñeceu o tráxico accidente do ‘Villa de Aguete’. Da mesma forma, a titular do eido do Mar solicitou do seu departamento homólogo no Goberno do Estado a continuidade na información achegada, dada a fonda preocupación que este suceso suscitou no ámbito mariñeiro do porto marinense.

A conselleira mantivo diversas conversas co armador, Manuel Nores, para seguir de primeira man o desenvolvemento dos acontecementos, e pór á súa disposición toda a colaboración que fose precisa. Neste senso, tamén mantivo contacto permanente co delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, para facer chegar ao propio armador e á familia do mariñeiro falecido a súa condolencia e o interese da Xunta de Galicia no descorrer dos trámites para a repatriación do corpo.

Así mesmo, Rosa Quíntana púxose en contacto co alcalde de Marín, Francisco Veiga, a quen mañá visitará o delegado da Xunta en Pontevedra, co motivo de testemuñarlle a súa solidariedade co sector náutico – pesqueiro do porto marinense.