-
Para o sindicato Nacional de Xustiza da UGT a Consellería de Xustiza empeza moi mal a súa andaina na implantación das novas tecnoloxías. Por una lado vaise facer un investimento de preto 8.300.000 € que a este sindicato lle parece totalmente insuficiente, porque dito investimento no é só para a administración de xustiza se non para o conxunto de toda a administración da Xunta de Galicia.
UGT, ten que denunciar que se esta a cometer o erro reiterado, de ningunear ás organizacións sindicais por parte do conselleiro Sr. Rueda, xa que, probablemente, no orden do día do Consello da Xunta celebrado no día de hoxe, se aprobe a implantación das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) sen abrir un proceso de negociación previo sobre as necesidades reais.
UGT, leva reivindicado dende hai tempo unha mesa sectorial monográfica para negociar a implantación das novas tecnoloxías na Administración de Xustiza, e non intentar cubrir o trámite, de forma apresurada, e sen previo coñecemento por parte dos sindicatos, como se fixo no día de onte, por parte da Secretaria Xeral de Novas Tecnoloxías da Xunta de Galicia en unha mesa específica para falar da formación dos funcionarios de Xustiza, foro a todas luces, inadecuado.
Para UGT esto no é unha aposta decidida para dotar a Administración de Xustiza de ferramentas informáticas que permitan prestar un mellor servicio público aos cidadáns.
UGT di que a verdadeira aposta pola xustiza, pasa por un maior investimento en Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC). A modo de exemplo e no seguinte cadro si se ve que CCAA apostan pola xustiza.
Gasto en Tecnoloxía por persoa en las Comunidades Autónomas 2009
Pais Vasco>Cataluña >Canarias>Valencia>Galicia
4058€ 3843€ 1067€ 940€ 587€
Para finalizar, recordar que a Xustiza, é un dereito fundamental de tódolos usuarios, pero como no xenera ingresos como serian a Axencia Tributaria ou a Tesourería Xeral da Seguridade Social, parece que non lle preocupa a ninguén o seu funcionamento e o colapso no que está inmersa, en gran parte por falla de sistemas informáticos adecuados.
Manuel González Carvajal,
voceiro da UGT-Galicia para asuntos de Xustiza