02 julio 2009

"A túa medida", plan de ayuda de Deputación para pequeños comerciantes

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Plan “Á Túa medida” quere ofrecerlles aos pequenos/as comerciantes da provincia de Pontevedra a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising.
Esta iniciativa pioneira e piloto promovida pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra consiste en aconsellar, de forma gratuíta, a 20 comercios de todo tipo que teñan interese en diferenciarse pola súa imaxe e queiran saber como presentar os seus produtos para que resulten atractivos aos seus clientes. Un especialista se desprazará aos comercios seleccionados para facer unha reportaxe fotográfica, completar un cuestionario valorando a imaxe que proxecta cada negocio e, así, redeseñar os mesmos.
Poderanse acoller a este plan tódolos comerciantes da provincia de Pontevedra que teñan unha antigüidade mínima de 8 anos, 3 ou menos empregados e pertenzan a algunha das asociacións ou federacións de comerciantes da provincia.
O modelo de solicitude e as bases da convocatoria están dispoñibles na páxina Web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es).