14 octubre 2009

Galicia Dixital ya está en Salvaterra de Miño y sigue concitando enorme interés


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe en Salvaterra do Miño a exposición itinerante Galiciadixital coa que pretende achegar a todos os visitantes do concello e comarca o audiovisual e o multimedia realizado en Galicia así como servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais. Durante o acto, que contou coa presenza dun grupo de escolares do IES Salvaterra, o alcalde do municipio, Arturo Grandal Vaqueiro, invitou a todo o municipio a visitar a exposición e agradeceu esta oportunidade á Secretaría Xeral de Medios.

Pola súa banda, Felicitas Rodríguez González, en representación da Secretaría Xeral de Medios, a quien vemos en la imagen junto al alcalde Arturo Grandal, resaltou o traballo desenvolvido polas universidades e empresas galegas responsables dos contidos da exposición.

A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.

A exposición itinerante chega a Salvaterra do Miño dende o municipio de Ortigueira, onde recibiu a visita de más de oitocentas persoas.

Contidos da exposición itinerante
O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as “Cidades do Camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas máns por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.

“Aerodeslizadores por Compostela” é un xogo que consiste nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega virtual, nun futurista “aerodeslizador”. Nesta carreira enfróntanse dous xogadores subidos nos seus correspondentes “aerodeslizadores”. Cada xogador moverá a súa táboa mirando ás opcións correspondentes para alcanzar a máxima velocidade e así gañar a carreira.

“Axóuxere” é un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

Outros seis contidos máis completan a exposición que estará na Casa da Cultura do 13 de setembro ao 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde e para todos os públicos.