14 octubre 2009

Deputación hará 4 campos de fútbol más en Vigo... una apuesta sin precedentes

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente, José Manuel Figueroa, anunciaron hoxe unha inversión de 2,4 millóns de euros para a construción de catro novos campos de fútbol de céspede artificial de última xeración na cidade de Vigo. Louzán e Figueroa tamén desvelaron, tras manter unha xuntanza coas respectivas directivas, que o emprazamento destes novos terreos será en Coruxo; San Paio; Beade; e Matamá.
Estas infraestruturas deportivas beneficiarán a unha poboación de 20.000 habitantes xa que, afirmou Louzán “estas catro parroquias de Vigo albergan tantos residentes como algúns concellos da provincia de Pontevedra”.
Ademais, segundo estimaron Louzán e Figueroa, “máis de 2.000 rapaces, ou o que é o mesmo, unhas 2.000 familias, se verán beneficiadas directamente destas novas instalacións “co que pretendemos potenciar o deporte base da provincia”, ademais dos veteranos e maiores, que tamén utilizarán estes campos de fútbol.
No caso concreto do campo de Fragoselo, en Coruxo, Louzán comprometeuse a investir 200.000 euros a maiores do custe do campo, na construción dunha nova grada e dun peque perimetral.
Con respecto ós prazos de execución, ambos dirixentes adiantaron que as obras serán inmediatas e que en poucos meses estas infraestruturas serán unha realidade.
En total serán catorce os campos de fútbol de céspede artificial construídos pola Deputación en Vigo. Algúns deles son os terreos de xogo de Valadares; Cabral; Candeán; Sárdoma; A Bouza; Meixoeiro; Teis; ou Comesaña. “Unha aposta histórica e pioneira”, dixo Figueroa, quen recordou que “ningunha outra administración realizou unha aposta tal clara e decidida por potenciar o deporte na cidade”.