14 octubre 2009

La últimamente lenguaraz vice De la Vega echa balones fuera en el secuestro del Alakrana

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Vicepresidenta Primeira do Goberno, María Teresa Fernández De la Vega, defendeu esta mañá na súa resposta á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, a Operación Atalanta e non enumerou medidas concretas de actuación na UE para evitar secuestros como o do “Alakrana”.

A deputada do BNG dirixíase á Vicepresidenta Primeira na sesión de control para preguntarlle que medidas vai impulsar o Goberno na UE para unha actuación coordenada de todos os Estados a fin de evitar secuestros como o do “Alakrana” en augas do Océano Índico, “dadas as limitacións da Operación Atalanta”.
Resposta de De la Vega ao BNG

Na súa resposta inicial, Teresa Fernández De la Vega expresou “a solidariedade do Goberno coas familias dos tripulantes secuestrados” e dixo que “facemos todo o que está nas nosas máns”. Aludiu á constitución da Comisión de Coordenación, e á coordenación coa Operación Atalanta, e a que están en contacto cos armadores. Afirmou que “a situación é difícil e que o primeiro obxectivo é traballar pola liberación e logo falaremos das medidas”.
De la Vega defendeu a Operación Atalanta e dixo que “paramos un bón número de ataques. Se antes un de cada tres ataques remataba en secuestro, agora é un de cada seis”. Recoñeceu que “non é suficiente” e limitouse a sinalar que “traballaremos con toda a Comunidade Internacional”. Unicamente indicou que na Presidencia española da UE “convocaremos unha Conferencia para falar de Somalia” e engadiu que se convocou unha xunta co sector sobre este tema.

Non é un problema entre particulares, é un problema de Estado

Davila afirmou non compartir as afirmacións do Goberno de que “é o sector, os empresarios, os que deben doutar ás súas embarcacións da máxima seguridade para faenar neses caladoiros”. “Non se trata dun problema entre particulares, é un problema de Estado”, aseverou. Lembrou que cando se produciu o caso do “Playa de Bakio” eran moitas as informacións que indicaban que a piratería no Índico non se reducía a grupos illados senón que era algo máis sofisticado e complexo. “Un entramado mafioso que incluso se dí que ten o seu centro loxístico en Europa, como non consideralo como un problema de Estado?”, preguntou á De la Vega.

Necesidade dunha actuación coordenada na UE para evitar discriminacións

A deputada do BNG demandou á Vicepresidenta unha actuación coordenada por parte dos Estados da UE, sobre todo dos máis implicados. “O propósito é o de evitar discriminacións, que a frota de pesqueiros dun Estado reciba unha maior proteción que outras, o que se traduce facilmente na vulnerabilidade dalgúns embarcacións como lle ocurre aos barcos do Estado español fronte ás frotas doutros Estados europeos”.

Por iso formulou a De la Vega unha serie de cuestións que non obtiveron resposta, “por qué razón Franza pode actuar dunha maneira e o Estado español se escuda en cuestións legais para non facelo? Por que non se poden modificar as leis para facer fronte a problemas como este? As leis, señora Vicepresidenta, non son intocábeis están para actualizalas e adecualas aos problemas sociais”.

Para Olaia Fernández Davila “non é de recibo que no ámbito da UE se utilicen dúas varas de medir. Que os Estados den diferentes respostas ao mesmo problema, que exista unha Operación Atalanta pero despois cada Estado debe adoptar as súas medidas”. Razón pola que pediu á De la Vega que o Goberno promova na UE medidas de proteción para loitar contra a inseguridade existente na zona e superar as “limitacións que ten a Operación Atalanta.