08 octubre 2009

Los nacionalistas denuncian que la Xunyta suprime ayudas al fomento del Gallego en centros escolares

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Os deputados do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán e Bieito Lobeira, denuncian que a Consellaría de Educación suprimiu para este ano as axudas a proxectos de fomento da lingua galega nos centros escolares.

Os parlamentarios nacionalistas advirten de que “a decisión política do Goberno do PP de non convocar estas axudas, nin se pense facelo até o inicio do próximo ano 2010, é unha mostra máis do desprezo á lingua galega por parte da actual Consellaría de Cultura e dificulta que os centros poidan programar actividades”.

Obxectivo: desmobilizar os Equipos de Normalización Lingüística

Neste sentido, critican que “isto constitúe un novo recorte do Goberno do PP ao ensino, e que neste caso afecta á promoción da lingua galega nun dos ámbitos de actuación prioritario segundo o Plan de Normalización Lingüística Vixente e o decreto en vigor 124/2007”.

Os deputados do BNG advirten de que “a intencionada supresión destas axudas no primeiro trimestre do curso procura a desmobilización, que son un motor esencial nos centros de ensino para a dinamización e normalización da nosa lingua”.

E é que a supresión das axudas para este ano por parte da Consellaría de Educación “na práctica significa unha parálise na programacón de normalización lingüística dos centros, xa que é moi difícil organizar actividades
e propostas para o fomento do uso do galego sen saber cal vai ser o orzamento da orde de axudas, cando estará convocada e cales van ser os seus criterios”.

Pensa o Goberno de Feijóo eliminar estas axudas?

Ante esta situación, Carme Adán e Bieito Lobeira demándanlle ao Goberno de Feijóo que explique por qué decidiu suprimir a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego nos centros escolares para o ano 2009.

Asemade, pregúntanlle á Consellaría de Educación se pensa eliminar de xeito definitivo a subvención a proxectos de dinamización e normalización lingüística.

Por último, e entre outras cuestións, os deputados do BNG pregúntanlle á Consellaría de é consciente de que non se están a programar actividades para este primeiro trimestre nos centros debido á paralización da convocatoria de axudas.