08 octubre 2009

BNG advierte que el Turismo Rural anda por malos caminos...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A portavoz de turismo do BNG, Carme Adán, advirte de que os dados de ocupación das casas de turismo rural en Galiza “demostran que a política do Goberno do PP ee cara o sector é errónea e carece de obxectivos”.

Carme Adán subliña que “dende o BNG xa fixemos públlico en verán que a política que se estaba seguindo para o turismo rural era incorrecta xa que se incentivaba a creación de novas prazas no canto de mellorar a oferta complementaria que demanda o sector”.

Neste sentido, a deputada do BNG critica que”no Plan de Choque contra a crise do Goberno de Feijóo o investimento en turismo é do 0,76% do total e desa cantidade a metade era para a dotación de novas prazas para o turismo rural, o que vai na liña contraria ás necesidades do sector” .


Pola contra, Carme Adán salienta que “o BNG aposta por servizos complementarios para o turismo rural, facer unha verdadeira campaña de promoción do turismo rural, mellorar as comunicacións e a accesibildiade das casas”.

Por último, a deputada nacionalista cualifica de “preocupante que, nas portas do Xacobeo 2010, teñamos esta maña noticia de que Galiza está á cola na ocupación de turismo rural”.