01 octubre 2009

Vila Real acoge la primera agencia europea de ecología urbana transfronteriza

VILA REAL - PORTUGAL (MORRAZO-TRIBUNA).-O director xeral de Sostenibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, Manuel Borobio, participiou na reunión constitutiva da primeira axencia de Ecoloxía Urbana Transfronteiriza de Europa, que se presentou onte mércores no concello portugués de Vila Real. Esta nova institución intégrase pola Consellería de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; o Eixo Atlántico e a Axencia Portuguesa do Ambiente. A nova axencia terá a súa sede administrativa na vila portuguesa e o seu centro de formación na Eurocidade Chaves-Verín.

Na presentación, Manuel Borobio avogou pola colaboración permanente entre a Axencia, os concellos e as institución, ademais de co mundo científico e académico. Borobio, que tamén suliñou o feito de que a nova Axencia de Ecoloxía Urbana sexa a segunda de Europa e a primeira transfronteiriza da Unión Europea., remarcou que este organismo dará novos servizos aos concellos tanto de Portugal como de Galicia.

Así mesmo, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, insistiu en que un dos cometidos da súa institución é a de axudar a pensar as cidades; adiantarse ás necesidades do sistema urbano e aportar solucións, ferramentas e capital humano e técnico, características que deben estar moi presentes na Axencia.

A elección da localidade portuguesa de Vila Real como sede da nova axencia é o recoñecemento á rexión de Tras os Montes, unha das que fixeron unha aposta máis forte polo desenvolvemento sustentable e a creación de fortes ligazóns entre os concellos da zona, a universidade e os axentes sociais.

Obxetivos
Os coordinadores científicos do proxecto da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo, Emilio Fernández Suárez (Universidade de Vigo), Luís Ramos (Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro), Francesc Cárdenas (Barcelona Ecoloxía) valoraron a importancia dunha axencia de ecoloxía que traballe na sustentabilidade e xustificaron a necesidade de crear ferramentas como a axencia de ecoloxía urbana, pensando no apoio as necesidades do sistema urbano.

A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico nace co obxectivo de xerar coñecemento, acumular capacidade intelectual no territorio da eurorrexión, transferir este coñecemento aos concellos e traballar na formación de persoal especializado.

Os primeiros traballos da axencia será a creación dunha metabase de datos da situación dos municipios integrados no Eixo para desenvolver, a continuación proxectos que se ofrecerán as cidades do Eixo interesadas en implementar políticas de desenvolvemento sostible, impulsar os plans integrais de sustentabilidade urbana, as Axendas 21 e os plans de mobilidade.