01 octubre 2009

Medio Rural dice que se guarda los datos resumen de la temporada de incendios hasta que sea el momento oportuno

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería do Medio Rural fará un balance dos lumes habidos na Comunidade Autónoma cando corresponde facelo segundo criterios técnicos, é dicir, ao remate da temporada real de maior risco e con datos de todo o que vaia de ano. Tamén o fará cos datos de todo o ano natural nos comezos do vindeiro 2010.

Calquera balance que se realice antes dese momento pode verse sensiblemente variado en datas próximas, resultando directamente falso no espazo de ben poucos días. De feito, se a Xunta tivese realizado un primeiro balance provisional a finais de agosto (tal e como solicitaban diversos axentes sociais e medios de comunicación) os datos terían tirado resultados ben distintos aos que resultan de engadir os provisionais de setembro.

Daquela, e para evitar calquera análise ben triunfalista ben catastrófica, e nun novo exercicio de responsabilidade en materia tan sensible coma esta, a Consellería ten decidido gardar silencio sobre datos concretos e parámetros comparativos ata, como mínimo, a segunda quincena de outubro. A previsión inicial (que pode verse alterada en función das condicións climatolóxicas) é ofrecer estes datos a partir do 19 de outubro.

Responsabilidade
A Xunta desexa que ese mesmo exercicio de responsabilidade sexa imitado por outros axentes sociais e políticos, que parecen querer aproveitar a última vaga de lumes, no sur da provincia de Ourense, para criticaren ou deslexitimaren o equipo directivo desta Consellería.

Os datos ata o de agora deste ano indican un pequeno repunte no número de incendios e superficie queimada respecto dos dous últimos anos (2008 e 2007), se ben os meses de agosto e setembro foron comparativamente moito máis secos neste 2009. Cómpre salientar asemade que hai certo decrecemento das hectáreas queimadas e do número de lumes desde os últimos anos, con dúas claras excepcións: o verán do ano 1989 (daquela era conselleiro Francisco Sineiro), e o verán de 2006 (daquela era conselleiro Alfredo Suárez Canal).