18 septiembre 2008

Importante mellora : os colexios de Moaña
xa teñen comedor escolar.

MOAÑA.- A Federación de Anpas de Moaña, co apoio do Concello, incorporou este ano o comedor escolar ao preescolar do Con, completando esta oferta en todos os colexios do municipio, onde soamente Reibón conta con comedor xestionado pola Xunta. Só o pequeno centro de educación infantil de Verducedo carece deste servizo, aínda que non existe nin demanda nin espazo para implantalo.
Unha media de 400 nenos comen un, varios ou todos os días nos comedores dos oito centros do municipio. O prezo rolda os 2,60 euros ao día. A achega do Concello, 30.000 euros, permitiu rebaixar o prezo en 1,25 euros.As axudas da Xunta son, na actualidade, «moi pequenas», segundo fixo constar a presidenta da Federación de Anpas, Montse Delgado, salvo no comedor que depende directamente da Consellería, o de Reibón, onde o prezo diario da comida é de 1,10 eurosAs asociacións de pais, o Concello, con cinco persoas, e a empresa de cátering contratada achegan o persoal que atende aos nenos, axudando ata aos máis pequenos, durante a comida.O Concello de Moaña achega 30.000 euros a federación de ANPAS.
Ao terminar, os rapaces van á biblioteca ou ao aula de xogos ata que os recollan os seus pais ou comecen as actividades extraescolares.
O alcalde moañés asegurou que con esta oferta, Moaña colócase entre os poucos concellos galegos cuxos colexios contan co servizo.Os pais poden deixar aos seus fillos a comer no centro cando o necesiten, sempre que avisen ao Anpa antes das nove da mañá. A comida inclúe dous pratos e sobremesa. (Fonte : Concello de Moaña)