VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, cualificou esta mañá o Libro Branco da Xustiza de Galicia como “unha guía de acción en Administración de xustiza para o vindeiro goberno, sexa quen sexa o que leve esa responsabilidade”. Así o expuxo Santiago Roura na Comisión 1ª do Parlamento á que acudiu a respostar a unha pregunta sobre o proceso de elaboración e o contido do citado Libro.
Neste sentido, Santiago Roura dixo que esta iniciativa levada a cabo polo seu departamento é unha das “máis saudadas e celebradas neste eido nos últimos tempos” e expresou o seu desexo de que nunha lexislatura vindeira os temas relacionados coa xustiza en Galicia se xestiónen coa “mesma sensibilidade” coa que a actual Consellería de Presidencia o está a facer. Ademais, Roura tamén fixo referencia á independencia da redacción dos traballos do Libro Branco co tempo político, principio que considerou como un dos seus valores fundamentais.
Segundo o secretario xeral a composición da Comisión do Libro Branco é unha das posibles, e existen outros modelos e posibilidades. Así, dixo que o feito de que a comisión este formada por arredor de catro decenas de persoas fai que teña un número suficientemente elevado que garanta a súa operatividade e non que o converta nunha reunión “pouco práctica e operativa”. Neste sentido, tamén expuxo a súa intención de que unha vez concluídos os traballos do Libro Branco “estes sexan postos en común con todos os colectivos -francamente numerosos e heteroxéneos- que poidan ter interese nas súas conclusións”.
“Había outros modelos, seguramente”- continuou Roura- “pero corriamos o risco de caer no asemblearismo, que é unha formula de traballo que, mesmo nas organizacións que a teñen máis asentada, nos últimos tempos esta a ser substituída por outras máis operativas como xustamente esta que decidiu a Consellería de Presidencia”.
Roura Gómez tamén comentou que a ordenación dos traballos é o produto da “ordenación consensuada” e que os membros do Plenario acordaron as datas previstas por unha “cadencia planificadora”. “Na Consellería gustamos de planificar” –dixo-, “e se planificaron eses traballos de maneira consensuada, igual que a identificación dos ponentes e igual que, de xeito absolutamente voluntario, os membros do Plenario decidiron adscribirse a nunha ou máis das ponencias constituídas”.