MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Ministerio de Defensa por que razón procedeu á destrucción dos informes realizados polo Cevaco, órgao da Armada, sobre o sinistro da Fragata Extremadura ocorrido en decembro do ano 2005 e no que morreron dous militares.
O deputado do BNG quer saber se “ao se tratar de accidentes ou casos baixo investigación, “debe a Armada cumprir igualmente as normas de destrucción de documentos por motivos de seguridade?. Dado que se trata dunha causa aberta, non tería a Armada que ter conservado esa documentación?”, son algunhas das cuestións que formula ao Ministerio.
Documentos de grande relevancia para a investigación
Jorquera pede explicacións a Defensa por ter eliminado os informes redactados polos membros do Centro de Valoración e Apoio da Calificación Operativa para o Combate (Cevaco) sobre o accidente da Fragata Extremadura, que foron requeridos pola familia do soldado falecido, Erik Noval, e que según Defensa “foron destruidos por motivos de seguridade”.
“Comparte o Ministerio que eran documentos de grande relevancia para a investigación sobre as causas deste tráxico accidente que lle custou a vida a dous dos seus tripulantes?”, pregunta o parlamentar nacionalista.
Ademáis, Jorquera quer saber se existe copia destes informes “e de ser así, vai ser aportada á investigación en curso?”. O deputado do BNG salienta o feito de que entre os documentos eliminados se poderían atopar as táboas de rexistro de contaminación por cloro da auga da caldeira que explotou aquel fatídico 19 de decembro. “Polo tanto, estamos a falar dun informe moi importante para comprobar se os níveis de contaminación por cloro superaban o establecido no reglamento, unha das hipóteses que se barallan como causa da explosión”.