MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa, na que pede ao Goberno que reconsidere a Orde do MAPA pola que se denega á frota de baixura o cambio de modalidade pesqueira para a pesca de quenlla.
Neste sentido, a deputada do BNG alude á Orde ministerial pola que se regula a pesca coa arte de palangre de superficie para a captura de especies altamente migratorias e pola que se crea o censo unificado de palangre de superficie. Lembra que nos meses de verán o Goberno autorizaba a diversas embarcacións pesqueiras galegas o correspondente cambio de modalidade á arte de palangrillo para a pesca de quenlla, baixo unha serie de limitacións.
Subliña que moitos barcos de baixura galegos utilizaban desde hai anos esta posibilidade, e que, ademáis, “é capturado para o seu aproveitamento íntegro a diferenza doustras frotas que só utilizan a aleta”. Destaca o feito de que este segmento de frota pesca quenlla de maneira artesanal, actividade da que dependen moitos traballadores do mar.
Por iso, “é difícil entender a decisión do MAPA que supón a denegación automática das solicitudes de cambio de modalidade e, por tanto, a prohibición de que estes buques poidan faenar como o facían tradicionalmente”. De aí que inste ao Goberno a replantexarse esta decisión.