PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a presidenta da Asociación Española de Empresas de Recollida, Tratamento e Reciclaxe de Aceites e Graxas (AERTA), Gloria Rodríguez, asinaron hoxe o convenio que vincula as dúas institución no desenvolvemento dun plan pioneiro en Galicia de recollida a domicilio de aceites usados no consumo humano en todos os concellos da provincia de Pontevedra.
O plan consiste, en síntese, na distribución en tódolos fogares pontevedreses dun embudo especial a través do cal se depositará en envases domésticos (botellas, recipientes, etc.) o aceite usado. Eses envases poden ser levados a contedores (de entre 150 e 500 litros) que situaranse en lugares estratéxicos de parroquias, vilas e cidades así como en determinadas asociacións, colexios ou, incluso, en establecementos hoteleiros. Este sistema, polo de agora, só está implantado na rexión de Murcia, na provincia de Barcelona e, proximamente, na de Granada.
Depuradoras e contaminación
Ata o de agora, o aceite usado no consumo humano vai ás depuradoras e, ademais dun importante impacto medioambiental, o seu tratamento supón para os concellos un moi elevado custe. Varios estudios técnicos consideran que un litro de aceite doméstico contamina 1.000 litros de auga de mar. O seu tratamento é moi custoso pois supón unha separación dos distintos elementos, motivo polo que as autoridades aconsellan agora as amas de casa ou responsables dos fogares que o tiren polo fregadeiro mesturado con deterxentes.
No plan previsto pola Deputación de Pontevedra, AERTA organizará ós recolledores de cada localidade e realizará a trazabilidade do residuo, distribuirá os contedores en función dun estudio que realizará coa Deputación e levará os recipientes con aceite previsiblemente ó centro de tratamento BGal, ubicado en Begonte (Lugo) para convertelo en biocombustible e biodiesel.
Entre 18 e 24 litros por ano
Aínda por determinar o antedito estudio, os técnicos consideran que cada fogar de tres persoas consume, por termo medio, un volume de 18-24 litros ó ano de aceite, o que da idea da magnitude do potencial problema medioambiental que pode supoñer o feito que se tire directamente ás depuradoras.
Na provincia de Pontevedra tiránse ó ano polo fregadeiro 5 millóns de litros de aceite de consumo humán. Se se lograse recoller esta cantidade, co plan posto en marcha hoxe pola Deputación de Pontevedra, ademáis dunha importante reducción de impacto medioambiental, produciríase un grande aforro pois o biodiésel producido suporía evita-la compra dunha cantidade similar de petróleo por parte do Goberno.
Esta iniciativa da Deputación, ademais de solucionar un grave problema medioambiental, supón para os concellos un grande aforro no tratamento do aceite e para os fogares e determinados colectivos de alto consumo (como grandes hoteis, etc.) a solución dun problema que hoxe aínda está por regular.