MOS (MORRAZO-tribuna) .- A concelleira do Partido Popular de Mos, Sandra Temes, quixo denunciar hoxe públicamente a demora coa que se aprobou o pago de dúas axudas culturais. Unha é a asinada para xuntanzas veciñais e culturais e por outra parte están as subvencións para actividades socioculturais. Temes fixo público que “acábase de resolver o pago, a data de Outubro de 2008, para estas dúas axudas correspondentes ó exercicio do pasado 2007 e o mesmo día se aprobaron as bases para este ano”. Bases que, segundo Temes, “presentan lagoas importantes xa que a anterior responsable de Cultura así coma o actual recoñecen que os criterios de valoración especificados nelas non son claros e poden dar lugar a moitas consideracións”. Sen embargo, a edil do PP mosense alédase de que “queiran rectificar os seus erros e de que Ojea se comprometera a modificar estes criterios de cara a 2009 para non demorar aínda máis a publicación das bases de este ano e poñerse a traballar de xeito inmediato nas bases a seguir no ano próximo”.
Sandra Temes declarou tamén neste senso que “o pacto pola gobernabilidade conxunta entre PSOE y BNG foi a principal causa pola que se demoraron enormemente os trámites de Cultura; sendo as asociacións culturais as que están a sufrir as consecuencias da falla de xestión e axilidade desde goberno de dúas cabezas. A meirande parte da actividade cultural que densenrolan as asociacións xa está feita a estas alturas de ano, e por suposto, as actividades de 2007 xa están feitas, pero estas aínda non foron cobradas na parte na que poden estar subvencionadas e tampouco saben cando cobrarán as deste ano”.