20 mayo 2009

Admite el Gobierno gallego negociar con los abogados algo más que las migajas del turno de oficio

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, recibiron hoxe na área de goberno do Parlamento de Galicia aos sete decanos dos colexios de avogados de Galicia, nun encontro no que decidiron iniciar a negociación para buscar un novo acordo sobre a quenda de oficio para 2010 e os vindeiros anos.

O anterior acordo, firmado en 2003, debía ser actualizado o pasado ano 2008, pero a súa revisión non se levou a cabo. Ante esta situación, Xunta e avogados decidiron hoxe prorrogar durante este ano 2009 a vixencia do convenio para poder pagar xa aos avogados, que se beneficiarán dun incremento equivalente ao IPC galego nas contías que establecía o anterior convenio.

Este solución permitirá tramitar administrativamente o pagamento do primeiro trimestre deste exercicio e seguintes trimestres, mentres se negocia o novo acordo. O novo regulamento de xustiza gratuíta impón a certificación trimestral, fronte ao que sucedía antes, cando se facía por cuadrimestres.

Precisamente, nada máis poñerse en marcha o novo Goberno saído das eleccións autonómicas, tivo que facer fronte ao pagamento do último cuadrimestre do 2008, que deixara pendente o bipartito e para o que o último Consello da Xunta aprobou un montante de 3,5 millóns de euros.

Na reunión mantida hoxe, a Xunta tamén amosou o seu desexo de asinar convenios coas escolas de práctica xurídica dos colexios de avogados para contribuír á formación dos futuros letrados galegos. Finalmente, tanto o conselleiro como o director xeral quixeron destacar o bo facer dos avogados galegos, a súa profesionalidade e preparación específica na prestación da quenda de oficio, fundamental para garantir o dereito de todos á tutela xudicial efectiva.