10 mayo 2009

El Bloque decide hoy quienes mandarán en su futuro más próximo

COMPOSTELA.- O Bloque Nacionalista Galego (BNG) iniciou en Santiago de Compostela unha asemblea extraordinaria na que será elixida a súa nova dirección. A xornada comezou coa acreditación dos 2.500 delegados elixidos polas asembleas locais e o debate das emendas presentadas ao regulamento da reunión.
A maior parte da mañá dedicarase ao debate do documento político, no que se plasmará a liña de actuación dos nacionalistas galegos no futuro inmediato.
A primeira parte da xornada concluirá coa votación de cincuenta membros que integrarán o Consello Nacional, máximo órgano entre asembleas, aos que se unirán outros tantos, elixidos nun proceso que concluirá en xuño polas comarcas en que o Bloque está dividido territorialmente.
A esta elección optan catro candidaturas, que representan ás principais tendencias dentro do Bloque: Alternativa pola unidade, lealdade e operatividade do BNG, promovida pola UPG e que encabeza Guillerme Vázquez; Máis BNG, da contorna do actual portavoz en funcións, Anxo Quintana, liderada por Carlos Aymerich; Lista de Encontro, propiciada polo Encontro Irmandiño, de Xosé Manuel Beiras; e «Máis alá», encabeza Rafael Villar.
Finalmente, na sesión de tarde os delegados decidirán a composición da Executiva Nacional.