14 mayo 2009

La ministra cineasta da al conselleiro Varela buenas vibraciones cara al Xacobeo 2010

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, confirmou esta tarde tras a reunión mantida en Madrid coa Ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, que o Xacobeo 2010 conta xa co compromiso do Goberno central para “participar e involucrarse activamente” na celebración do Ano Santo compostelán. Deste xeito, complétase una intensa semana de contactos preparativos do ano Xacobeo despois da reunión mantida polo responsable da Consellería co alcalde de Santiago o pasado martes e co arcebispo Julián Barrio onte mesmo. O acordo acadado esta tarde entre a Administración autonómica e a Central responde asemade o compromiso de apoio que a Casa Real ten transmitido ao presidente da Xunta.

Roberto Varela cualificou de “excelente” a actitude da responsable do Ministerio de Cultura para conseguir que o Xacobeo 2010 se traduza nun evento que aglutine “cultura e turismo”. De cara a esta meta, o conselleiro sinalou que a lliña de actuación será “a austeridade dentro do pragmatismo”. Neste ámbito será fundamental acometer a desestacionalización do Xacobeo cun programa de axudas a hoteis e restaurantes en tódolos meses de 2010. O informe preliminar que ven de aprobar hoxe mesmo o Consello da Xunta contempla priorizar iniciativas referidas a exencións fiscais e patrimoniais necesarias para obter patrocinios e recursos.

Para o conselleiro, a sintonía das administracións neste “tema estrela” é fundamental para que o Ano Santo poda definirse como “innovador, sustentable e ecolóxico”.