19 mayo 2009

La nueva Xunta muestra las obras suntuosas que Touriño ordenó...

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .-A secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatriz Cuíña, visitou esta mañá as obras das novas instalacións das salas de Consello da Xunta de Galicia, comprometidas e licitadas polo Goberno bipartito e que previsiblemente estarán rematadas a finais do presente mes, con máis de dez meses de retraso.

As obras teñen un custo de case catro millóns de euros, dos cales 2,3 millóns corresponden a obra civil –pavimento, mobiliario, etc- e 1,6 millóns de euros adícanse a equipamento técnico, que é a parte que aínda ultima a empresa concesionaria. As novas instalacións foron pensadas para albergar a sala do Consello da Xunta, a da Comisión de Secretarios e unha terceira para as conferencias de prensa posteriores ás reunións do Executivo galego.

A secretaria xeral de Presidencia visitou hoxe as obras acompañada por representantes dos medios de comunicación, no que dixo que é un exemplo máis do compromiso coa transparencia do departamento autonómico, manifestado polo propio conselleiro, Alfonso Rueda.

A preguntas dos medios de comunicación, Beatriz Cuíña explicou que o anterior Goberno, estando en funcións, ordenou cambiar o mobiliario previsto para as instalacións, que pasou de ter un custe de 235.000 euros a 65.000 euros. Sen embargo, o custe total da actuación mantívose nos catro millóns de euros, polo que a secretaria xeral avanzou que a nova Xunta está a estudiar esta disfunción para coñecer a que obedece.

Nese sentido, a Xunta garantiu que estará “vixiante” para que nesta etapa de crise económica as obras comprometidas polo anterior Goberno non custen nin un euro de máis aos galegos e para que a actuación se corresponda co que se ten pagado para levala a cabo.