14 mayo 2009

Todo un grave precedente : la Xunta impulsará la reflotación del Obradoiro C.B.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, comprometeu hoxe o “máximo apoio” do Goberno galego ao proxecto do club Obradoiro de Baloncesto para incorporarse á liga ACB a vindeira temporada. Durante unha xuntanza cos representantes do club, Lete Lasa manifestou que, pese á actual situación de crise económica, pero dada a singularidade do caso e a súa importancia para o deporte do máis alto nivel na nosa Comunidade, a Xunta de Galicia procurará realizar un esforzo especial co obxectivo de impulsar a incorporación do Obradoiro á máxima categoría da competición.

O secretario xeral para o Deporte expresoulles aos representantes do club Obradoiro de Baloncesto “o total recoñecemento” do Goberno galego polo esforzo realizado durante estes 17 anos pola súa xunta directiva para recuperar a praza na liga ACB.

José Ramón Lete Lasa reivindicou a necesidade de apoiar o proxecto do Obradoiro, dado o interese deportivo de que Galicia conte polo menos cunha praza na liga ACB, tendo en conta que a participación do Breogán de Lugo nesa categoría está supeditada ao seu ascenso.

Nese sentido, o secretario xeral para o Deporte sinalou que a incorporación do club Obradoiro de Baloncesto á liga ACB é un proxecto importante para Galicia, pero tamén, de maneira moi destacada para a cidade de Santiago e para a provincia da Coruña, polo que resaltou a necesidade de involucrar a todos os estamentos públicos e privados afectados.