PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, afirma este domingo através deste comunicado de imprensa que a formación nacionalista está disposta a tirar a José Luis Rodríguez Zapatero do seu erro de querer gobernar en solitario en tempos de crise, pero sempre que “se poñan os intereses de Galiza enriba da mesa”.
“A decisión de Zapatero de investirse como presidente en segunda volta e só cos votos do seu partido foi unha decisión equivocada. Non é responsábel enfrentar a actual situación de crise económica desde unha minoría parlamentaria”, avalía Francisco Jorquera, quen avanza a disposición do BNG de tirar a Zapatero do seu erro, “pero sempre se hai vontade polo Goberno estatal de atender as demandas de Galiza”.
“Zapatero equivocouse gravemente ao acusar a presión política do PP e optar por formar un goberno débil en termos parlamentarios, un goberno que a día de hoxe non ten garantida a maioría en nengunha votación. Agora está comezando a pagar esa factura. Era ben que rectificase e que abrise unha vía de diálogo coas forzas políticas nacionalistas”, razona o dirixente do BNG.
“Somos unha forza de goberno en Galiza e somos unha forza dialogante no Estado. Pensamos que é perfeitamente posíbel defender os intereses de Galiza e ao mesmo tempo colaborar na formación de maiorías no Congreso en beneficio de todos. Só pedimos que se teña a Galiza e os seus intereses en conta”, alega o tamén portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso.
Jorquera anuncia que esta próxima semana o BNG continuará a súa interlocución co Goberno para que os orzamentos do Estado para 2009 sexan positivos para Galiza. “Temos boa disposición para acadar un acordo, pero non nos vale calquer acordo. Demandamos o que é xusto para Galiza. Iso é o que agarda de nós a sociedade galega e servir á sociedade galega é a nosa única razón de ser”, alega o coordenador executivo. “Temos moita forza detrás, tanta como que moitas das nosas demandas teñen o aval do Parlamento galego”, conclúe.