18 septiembre 2008

Novas subvencións da Deputación
para actividades deportivas

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación Provincial de Pontevedra destinará 19.446 euros ó financiamento de actividades deportivas de 24 entidades das comarcas do Deza e Tabeirós Terra de Montes. Esta colaboración procede dunha liña de axudas para o financiamento de actividades deportivas dotadas cun orzamento de 112.500 euros para 204 clubs toda a provincia. No caso concreto do Deza e Tabeirós, as entidades que participarán destes plans son as seguintes:
Cerdedo
Agrupación deportiva Terra de Montes para a olimpiada escolar 2008.
A Estrada
Agrupación Estudiantil club de fútbol para o vixésimo cuarto aniversario; Agrupación feminina Val do Ulla para o segundo trofeo Val do Ulla de fútbol feminino; Callobre Club de Fútbol para o memorial Dono Seonane e torneo de minifútbol infantil; Club Ciclista Estradense para o décimo primeiro trofeo festas de San Paio; Club deportivo estradense para o triangular de fútbol sala; e o sporting Estrada C.F para o cuarto torneo alevín.
Agolada
Quad Club Agolada para o campionato galego de quad; Sociedade Deportiva Agolada para un maratón de fútbol sala.
Lalín
Alambike club cicloturista para unha ruta a lalín en BTT; Círculo recreo casino para un torneo de dominó; Club Balonmán Deza para a fase de asceso a primeira autonómica; Club deportivo 4x4 para un campionato galego de trial; Club Balonmán Lalín para o torneo da federación galega de balonmán; Club Escudería Lalín Deza para o rallye do cocido; Club de Tenis avantaxe para o Tenis Lalin Cup; Club Escola de Atletismo do Deza para a carreira popular Virxe das Dores; Escola de fútbol de Lalín para o torneo de fútbol sete categoría alevín; Fundación Deporte en Lalín para a Lalín Cup-2008; Fútbol Sala Lalín-Bar Recreo para o III Campionato de Marathon de fútbol sala; e Móvete na Moto para o campionato galego de Enduro.
Silleda
Sociedade Deportiva Club de Fútbol Silleda para un torneo anual.
Vila de Cruces
Escudería Vila de Cruces para a subida a Vila de Cruces; e Keltoi Cruces para a participación no campionato de europa.