VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O Concello de Vigo e o Plan Comunitario de Teis desenvolverán un proxecto de atención á infancia no barrio de Teis con apoio psicopedagóxico, lúdico e social tentando previr situacións de risco e favorecendo a integración. As concellerías de Benestar Social, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística traballarán coordinadamente, en colaboración co Plan Comunitario, nunha iniciativa que ten unha dotación económica de 42.000 euros.
As concelleiras nacionalistas María Méndez e Iolanda Veloso, acompañadas polo presidente do Plan Comunitario de Teis, Eduardo García, presentaron hoxe o convenio de colaboración que permitirá atender a entre 20 e 25 nenos e nenas, con edades comprendidas entre os seis e os 12 anos, en horario de 16:00 a 19:00 horas. As actividades estarán centradas no apoio educativo, escolar e de integración nas actividades de lecer.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou a importancia do traballo coordinado que se vai facer desde as diferentes áreas relacionadas coa acción social para prestar un servizo que, sobre todo, vai dirixido a “traballar na prevención das persoas en situacións de risco”. A nacionalista salientou que “do que se trata é de integrar, previr e axudar as familias con dificultades económicas ou desestruturadas, ofrecendo un servizo para que os seus fillos estean atendidos por profesionais”. A este respecto indicou que as actividades, que se desenvolerán nas instalacións do Plan Comunitario, contarán co apoio de dous educadores e unha asistenta social.
A concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, explicou que desde á área de Xuventude xa se viña colaborando desde hai ano co Plan Comunitario na realización do campamento de verán, pero viuse a necesidade de que iso non fora só algo puntual, senon que se ampliase todo o ano. “Moitos nenos e nenas teñen situacións familiares, económicas ou sociais que supoñen problemas para o seu desenvolvemento e existe unha necesidade de traballar na prevención procurando unha continuidade no traballo”, sinalou.
A nacionalista tamén indicou que o feito de traballar con xente moi nova premite tamén actuar de xeito transversar en cuestións como a perspectiva de xénero ou o traballo de normalización lingüística.
Pola súa banda o responsable do Plan Comunitario de Teis fixo fincapé na importancia de contar “por primeira vez” cun traballo coordinado e cun apoio que vai permitir actuar ao longo de todo o ano. “Para nós é moi importante, porque se asume o traballo profesional que se está a realizar en Teis”, dixo. Eduardo García explicou que esta iniciativa é froito dun traballo de diagnose que fixo o Plan Comunitario e o convenio asinado co Concello “adáptase á realidade que debuxa".