PONTEVEDRA/MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou esta mañá unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Ministerio de Defensa se prevé enviar efectivos navais ou aéreos ás augas de Somalia para garantir a seguridade da frota atuneira que alí faena.
Davila pón de manifesto que a frota do Estado español e a francesa permanecen amarrados nas illas Seychelles en sinal de protesta polos últimos intentos de secuestro rexistrados na zona. Demandan protección.
“Esa é a razón pola que a Xunta de Galiza e o Goberno vasco pediron ao Goberno o envío dun continxente militar á zona”, recalca a deputada do BNG.
Protexer á frota atuneira e ao mesmo tempo impulsar a vía diplomática
Neste sentido, quer saber se o Executivo vai atender a solicitude da Xunta, “de ser así, cando se despregaría o continxente militar na zona? qué accións de protección vai levar a cabo dado que a frota atuneira do Estado español se atopa amarrada nas illas Seychelles?”, son algunhas das cuestións que formula a deputada do BNG. Asemade, a deputada nacionalista require ao Goberno que reforce e impulse a vía diplomática para resolver este problema de inseguridade.
Para cando a célula de coordenación da UE?
A parlamentar do BNG tamén alude á recente decisión da UE que aprobou a creación dunha célula de coordenación destinada a protexer aos barcos que faenan en augas cercanas a Somalia polos frecuentes actos de pirataría que alí se producen. Nesta liña, pregunta ao Goberno cando será efectiva esta célula e quen formará parte dela.
Ademáis, Davila pede ao Executivo que dialogue con este segmento de frota para unha mellor comunicación coa Administración.
A deputada nacionalista traslada ao Goberno a preocupación do sector pola situación no caladoiro do Índico, e advirten das consecuencias que este problema de inseguridade pode ter na producción de conserva de atún xa que a falla de abastecemento pode provocar un encarecemento dos costes de producción.