VIGO (MORRAZO-tribuna).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, calificou hoxe como “brindis ao sol” a proposición non de lei defendida polo Partido Popular onte no Parlamento galego a respecto dos investimentos na cidade. O nacionalista enmarcou esta iniciativa no nerviosismo dos populares diante das próximas eleccións autonómicas e recomendoulles que “non teñan tanta presa para empezar a facer campaña”, sobre todo cando utilizan cuestións como os orzamentos nas que os gobernos do PP teñen pouco de que presumir. Santi Domínguez asegurou que o PP ataca os orzamentos da Xunta como mecanismo de defensa, xa que os que elaboraraon os populares para Vigo nos seus 16 anos de goberno “non resisten ningún tipo de comparación”. O tenente de alcalde explicou que as cifras están recollidas nos orzamentos e son realidades obxectivas que ninguén pode cuestionar.
O nacionalista fixo un repaso dos últimos anos do Goberno do PP e dos seus incumprimentos coa cidade. Así, lembrou que cando Corina Porro era alcaldesa e se presentaron os orzamentos do 2004 demandou da Xunta unha serie de investimentos que un goberno do seu mesmo cor político non foi quen de executar. Santi Domínguez sinalou que moitas daquelas demandas tivo que desenvolvelas o actual goberno da Xunta. Como exemplo puxo a construción de vivendas socias, salientando que “nos tres últimos anos se fixeron máis en Vigo, que en 16 anos do PP”. Igualmente indicou que o propio Ignacio López-Chaves, sendo concelleiro de Cultura, non foi quen de conseguir que a Xunta asumira o Museo do Mar. “Tivo que ser unha Consellería nacionalista a que se fixera cargo do Museo do Mar”, afirmou.
Entre os diferentes aspectos dos orzamentos tamén se referei á aposta poa mellora dos servizos sociais. “Corina Porro demandaba unha escola infantil máis. O PP non fixo nin esa que ela pedía, pero hoxe xa temos tres novas comprometidas, tres centros de día, unha residencia asistida, un centro de alzheimer...”, dixo. Santi Domínguez indicou que en Xuventude os investimentos do PP foron nulos e este novo goberno xa ten comprometido un centro de ocio no Parque Tecnolóxico, que só este ano ten asignados 400.000 euros. E en canto á área de Industria lembrou que o PP deixou no Ifevi unha débeda de 3 millóns de euros, que saneou nun só ano un conselleiro nacionalista.
“Esta é a realidade obxectiva diante da demagoxia e a batalla electoral na que xa está metido o PP”, salientou. Por iso, o tenente de alcalde considera que “cando o PP fala de desviacións hai que ter menos cara e lembrar cal foi o nivel de execución dos seus investimentos na cidade”.
Camiño Portugués da Costa
Tamén incluiu no escenario electoral a polémica aberta polos populares a respecto do Camiño Portugués pola Costa. Santi Domínguez foi categórico ao asegurar que “non saben de que están falando”. Explicou que no ano 1996, cando gobernaba o PP, elaborouse a Lei de Protección dos Camiños de Santiago nos que se recollen as rutas tradicionais, pero non aparece a variante que pasa por Vigo. Nesa lei se establecía como un obxectivo prioritario a delimitación dos camiños, algo no que o tenente de alcalde dixo que o PP non avanzou. “A Consellería de Cultura está agora delimitando os camiños que aparecen na lei que fixo o PP e a súa prioridade é actuar sobre as rutas recoñecidas. Está delimitando o que o Goberno do PP dixo que tiña que delimintar. ¿Por que non incluiron entón a variante do Camiño Portugués da Costa?”, preguntouse.
O tenente de alcalde aclarou que a Consellería de Cultura nunca ten descartado delimitar esta variante. Precisou que, unha vez que estean delimitados todos os camiños que recolle a lei ,estudará a delimitación desta variante e doutras moitas que hai noutras rutas xa recoñecidas.
Santi Domínguez dixo que o PP o único que quere é crear polémica, porque o feito de que esta ruta non estea delimitada non impide que poida ser promocionada turisticamente. O nacionalista confirmou que a Dirección Xeral de Turismo ten previsto incluir esta variante nas campañas do Xacobeo.
Auditorio
O nacionalista referiuse tamén hoxe á o plan de viabilidade do Auditorio. Santi Domínguez quixo precisar que o que aprobou onte o Goberno municipal foi somentes tomar en consideración e adxuntar ao proxecto o novo plan proposto pola empresa, pero non será ata tres meses despois de rematadas as obras cando o Concello de Vigo teña que tomar unha decisión firme sobre ese documento. O tenente de alcalde explicou que será nese momento cando haberá que analizar si as pretensións da empresa son lóxicas, si se mantén o equilibrio económico-financieiro da concesión ou se a programación das obras axustouse aos prazos. “Non é o mesmo facer un estudo de viabilidade hoxe, nunha situación de crise, que dentro duns anos cando se remate a obra e as viarables serán outras”, explicou.
Adiantou que o BNG vai a analizar en profundidade o plan de viabilidade e encargará o seu propio estudo económico para comparar os números que fai a empresa. “O Concello ten que manter a viabilidade económica da concesión, pero pode haber diferentes fórmulas para mantela, non só a ampliación da concesión. Serán cuestións que haberá que analizar no seu momento”, afirmou.