11 enero 2009

Deputación mantiene su operativo anti-nieve y ayuda a los concellos con problemas en sus carreteras

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Un operativo da Deputación de Pontevedra composto por máis de 30 persoas traballou onte na resolución das incidencias producidas polo forte temporal de neve que afectou a diferentes municipios da provincia de Pontevedra. Ata o momento repartiron 15.500 quilos de sal para fundir o xeo depositado nas vías de circulación e evitar deste xeito posibles accidentes e colapsos. As incidencias rexistráronse principalmente nas zonas norte e sur da provincia.
As oito brigadas que posúe a entidade provincial permanecen alerta e en permanente contacto cos alcaldes para actuar coa maior rapidez ante os prexuízos que poida causar as incidencias meteorolóxicas. Estas dispoñen de medios como retroescavadoras, palas, cargadoras, serras, camións e retropalas.
Compre destacar que a Deputación de forma preventiva xa repartiu sal o pasado xoves naqueles puntos que habitualmente son conflitivos durante os temporais.

Incidencias zona norte

Agolada
Na estrada 6009 Lalín-Rodo Brántega actuou unha brigada de oito persoas no reparto de sal. Tamén utilizaron unha motoniveladora. Esta brigada actuou tamén nas estradas 6104, 6201, 6202, 6204, 6206, e 6302.
Na estrada 6302 Berredo-Brantega tamén traballaron os oito operarios da brigada na retirada de neve da calzada que bloqueaba o paso de vehículos e camións.

Forcarei
Unha brigada de catro persoas tivo que intervir na estrada 7201 Cachafeiro-Silleda por acumulación de neve, xeo que produxeron o bloqueo de turismos e de un autobús.

Lalín
A brigada de oito operarios acometeu traballos de limpeza por acumulación de neve na estrada 6009 Lalín-Rodo-Brántega.

Incidencias sur provincia

Tomiño
A brigada da zona sur da Deputación actuou na vía 3102 Tomiño-Sabarís en diversos puntos nos que se acumulaba o xeo.

Oia
Nove traballadores da Deputación actuaron na estrada 3202 Oia-Torroña na retirada de neve que se acumulaba na vía de circulación.

A Cañiza
Oito operarios traballaron na aplicación de sal para a eliminación do xeo que se acumulaba na estrada 5003 A Cañiza-Arbo.

Baiona
Os nove operarios dunha das brigadas da zona sur da Deputación traballaron na estrada 2202 Baiona-Loureza na eliminación de placas de xeo e na aplicación de sal.

Todas estas incidencias foron ou foron atendidas polas oito brigadas da Deputación. Ademais, a administración provincial mantén operativo durante as 24 horas o teléfono 986 80 41 00 para que os alcaldes e afectados poidan informar ás brigadas das posibles dificultades que poidan xurdir.